Ovos fritos con patacas…

Ingredientes: iogur, coulis de mango, mango e amorodos.

– Cabaleiro, volveu vostede de Cambrils cunha insolación.

– Non, Filomeno, déixeme que lle explique.

Os ovos fritos con patacas e chourizo son unha divertida receita para nenos que Xosé Cannas preparou en Cambrils, con gran alborozo dos maiores.

Nun prato axeitado póñense unhas culleradas de iogur dándolle forma redonda para que semelle a clara do ovo. A xema faise co coulis de mango, aplicándoo cun biberón.

O propio mango, cortado axeitadamente, serve para simular as patacas fritas. Cannas ademais engadiu un pouco de azucre que queimou cun soplete para darlle máis realismo.

Os amorodos fan as veces do chourizo.

No video pódese ver a intervención de Cannas, inda que o son non é gran cousa.

4 thoughts on “Ovos fritos con patacas…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *