“Aquié” un novo concepto de supermercado en Ourense

Con frecuencia as amas-os de casa se achegan ao supermercado para a compra diaria coa mesma pregunta na cabeza: ¿que facemos hoxe?. Agora en Ourense teñen a resposta máis doada no primeiro supermercado Aquié inaugurado polo Grupo Cuevas, ben coñecido polo seu traballo arredor das castañas.

En Aquié o cliente atopará resposta a ese QFH por medio dunha proposta de menú, diferente tódolos días, confeccionado por un grupo de expertos en nutrición da Cátedra Grupo Cuevas da Universidade de Vigo. Na práctica o cliente do supermercado terá un espazo no que lle propoñerán un ou dous menús para o día, coas correspondentes receitas que poderá levar impresas, a información nutricional correspondente e tódolos ingredientes para a súa elaboración. E se non temos gañas ou tempo de cociñar, tamén atoparemos o mesmo menú precociñado.

Aquié nace cun primeiro establecemento, de 1.000 metros cadrados, na cidade de Ourense, pero están previstos novos supermercados non so en Ourense senón noutras cidades galegas.

Grupo Cuevas asegura que nos seus supermercados apostarán preferentemente polos produtos galegos cando se atopen nas mesmas condicións de calidade e prezo que os de fóra.

E curiosamente tamén apostan nos seus supermercados por comprometerse co medio ambiente empregando bolsas de plástico biodegradables e ademais descontando 3 céntimos por cada bolsa que non se empregue. Sen dúbida trátase dun paso adiante para incentivar o emprego de carros da compra e a reutilización de bolsas. Ata o de agora algúns establecementos optaban por cobrar as bolsas, pero Aquié premiará en efectivo aos clientes máis concienciados

2 thoughts on ““Aquié” un novo concepto de supermercado en Ourense

  • 30 de Outubro de 2008 at 00:37 12Thu, 30 Oct 2008 00:37:40 +000040.
    Permalink

    Curiosamente a miña irmá tamén esta participando nun proxecto que se ben é diferente, pode ter algún punto común.

    Esta apuntada a unha asociación que lle manda a casa cada día da semana un determinado productos da horta (o luns apio, o martes escarola, o mercores zanahorias,…).

    Para calmar ós ecoloxistas se supón que todas estas verduras son de producción local e biolóxicas. (A asociación tamén beneficiaria os agricultores porque traballaría directamente sen intermediarios).

    Me pregunto se unha cousa así funcionaría por Galicia….

    Reply
  • Pingback:Colineta » Blog Archive » Bolsas y marqueting

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *