[lang_es]Productos gallego-catalanes en Cambrils[/lang_es][lang_gl]Produtos galego-catalanes en Cambrils[/lang_gl]

Ostras en conservaHoxe comezou o congreso profesional do Forum Gastronómico de Cambrils, no que o cociñeiro galego Xosé Cannas (restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe) realizou un show cooking con degustación para un numeroso grupo de profesionais.

Cannas traballou cos produtos do mar galegos presentes no Forum (volandeiras, ourizos), así como con sardiñas, xoubas e xurelo, empregando técnicas tradicionais coma o escabechado, que Cannas moderniza e converte nunha forma de cociñar no canto dun sistema de conservación, xunto con outros coma o tartar.

Chamou especialmente a atención a empanada de xoubas, que Cannas e o seu axudante, Aitor Martínez, prepararon en directo cunha masa sen levadura.

Produtos galego-catalanes

Os produtos galegos non so están presentes no Forum no espazo que comparten a Consellería de Pesca e os produtores artesanais. As ostras do Delta do Ebro, ao natural, en escabeche e afumadas, da marca L’Avi Agustí póñense en conserva nas instalacións de Lou, no concello de Ribeira. O curioso é que a idea foi do empresario catalán, que decidiu buscar unha conserveira de calidade en Galicia para que procesase as súas ostras, descoñecendo a antiga tradición galega das ostras escabechadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *