Galicia triúnfa en Cambrils
O desembarco galego no Forum del Mar de Cambrils non puido comezar con mellor pe. Os produtores de peixe, navallas, ameixas, volandeiras, paté de ourizos ou percebiños en lata constituÃronse nun dos principais atractivos neste dÃa dedicado a o público xeral, un público que aproveita un domingo case de verán, despois dunha semana de frÃo e choiva, para achegarse ao Parque do Pescador e ver a oferta gastronómica, galega e catalana, que se xunta no recinto.
Xosé Cannas, LuÃs PaadÃn e un incansables Milucho, que representa no Forum a Lonxanet, protagonizaron o primeiro taller sobre os produtos galegos. O primeiro cociñou, para un público composto de máis de 60 persoas, navallas, volandeiras, polbo, percebiños e ourizo, que se consumiron en compaña dos viños presentados por PaadÃn, de RÃas Baixas, Ribeiro, Valdeorras e Monterrei. E para remate unha augardente da Ulla, Milucho explicou a maneira en que os pescadores e mariscadores galegos capturan cada un dos produtos obxecto da degustación.
Despois da degustación o público interesouse polas marcas dos viños degustados ou as receitas de Xosé Cannas, achegándose ao remate aos protagonistas para resolver dúbidas aqueles que non quixeron facer as súas preguntas publicamente. A intensa calor non foi obstáculo para que os asistentes permaneceran ata o final da demostración, e incluso houbo xente que expresou o seu disgusto por non poder acceder á sala unha vez completa a mesma.
Pola tarde Cannas volverá a cociñar, esta vez sen degustación e para un público moito máis amplo, en compaña do cociñeiro catalán Jeroni Castell. Ao final do dÃa tentarei ofrecer máis información sobre a sesión da tarde, xa que agora teño que regresar ao recinto do Forum, onde me toca presentar a sesión da tarde de Xosé Cannas.
Veo que habeis conocido a don Emilio Louro “Milucho” eh… si la concepcion de la pesca tradicional mas popular fuese la de este hombre quedaria garantizado el trabajo y la calidad de la pesca en Galicia para mas de un siglo…. ahi queda eso. Un fenomeno
Estoy contigo basta de arrasar el planeta