Forum de Cambrils: segunda sesión de Xosé Cannas

Cannas y MiluchoSe pola mañá Xosé Cannas sorprendeu ao público coas preparacións a base de produtos do mar galego, pola tarde realizou un show cooking en compaña do cociñeiro catalán Jeroni Castell, elaborando a coñecida pataca do cocido, que foi moi celebrada polo público, unhas sardiñas en escabeche de frío e un prato para os máis pequenos: ovos fritos con patacas e chourizo, ou o que é o mesmo, dous círculos de iogur con outros máis pequenos derriba de crema de mango que imitaba os ovos, acompañado de mango cortado como se foran patacas fritas e amorodos imitando o chourizo. O prato foi moi aplaudido polo público, que previamente disfrutara do montaxe realizado por Jeroni Castell, quen explicou como o intento de preparar un prato de foie escabechado acabou dando lugar aos “MacMoles”.

Na foto Xosé Cannas e Milucho na sesión da mañá

O prato consiste en pequenos bocadillos de foie con ensalada, montados con pan de forma circular que semella unha hamburguesa. Acompáñase con pequenas patacas fritidas, e unhas pipetas de marmelada de tomate e pemento amarelo que imitan o ketchup e a mostaza. O refresco de Cola imítao cun vermú doce servido co sifón.

Montado nun prato resulta certamente curiosa a miniatura, pero xa non me gustou tanto cando o meteu todo nunha caixiña de cartón, imitando ás dos restaurantes de fast food. A imitación, neste caso, desluciu o prato, xa que non é o mesmo ver unha caixa de cartón que una anaco de foie entre dous de pan e cunhas pequenas follas de leituga.

Hoxe o Forum estivo aberto a todo o público, que foi moito, pero luns e martes dedicaranse so a profesionais, que poderán catar os produtos do mar de Galicia en compaña dos nosos viños e asistir á ponencia de Xosé Cannas baixo o título de A paisaxe culinaria da nova Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *