Mostaza Violette de Brive [lang_gl]ao mosto de uva[/lang_gl][lang_es]al mosto de uva[/lang_es]

No show cooking realizado por Solla, Cannas e Centeno no marco do Salón das Denominacións de Orixe e Delicatessen que tivo lugar esta semana en Vigo, o primeiro dos cociñeiros empregou un produto do que non tiña coñecemento e que me deixou certamente sorprendido. Sorprendeume a min e a todo o que o puido probar: a mostaza Violette de Brive ao mosto de uva.

Moi aromática e saborosa, lixeiramente doce e cun cor de viño tinto moi subido, pensei que estaba ante un deses novos produtos que saen da imaxinación das xentes da industria alimentaria, ás veces con resultados non so sorprendentes senón tamén moi efectivos.

Pero equivoqueime, porque leo agora que se trata dun tipo de mostaza existente xa no século XVI. ¡Gústame pensar que Leonardo da Vinci, que foi protexido do Rei de Francia, país onde morreu, puido probar esta delicia!.

A mostaza Violette de Brive ao mosto de uva elabórase con mostaza e mosto de uvas, como o seu propio nome indica, así como viño e vinagre acompañados de auga, sal e especias

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *