Complementos para tapas

Cada vez que participo nun concurso de tapas, e xa van tantas ocasións que estou por facer unhas tarxetas que digan “Miguel Vila. Xurado”, sempre expreso a miña inquedanza ante certas preparacións e as dificultades para o seu consumo en horas punta, é dicir, cando os bares están cheos e non hai maneira que achegarse á barra ou a unha mesa para pousar a copa mentres se da conta da tapa.

Para solucionar o problema teño o meu propio sistema, que teoricamente funciona moi ben, pero que na práctica ten un inconveniente grave: como teño que coller a copa con toda a man case polo seu borde e derriba do aro que forman os dedos colocar o prato, o viño ou a cervexa tenden a quentarse.

Tampouco lle din moitas máis voltas ao asunto ata que en Donde el viento nos lleve vin que a solución xa existe; pratos cun burato no que poñer a copa, pinzas para suxeitala ao borde do prato e ata pratos de dedo que me parecen algo complicados de manexar e que deben dar coa tortilla no chan as máis das veces.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *