A galega Sofía Prieto, terceira no Campionato de España de Baristas

Sofía Prieto, natural de Burela e alumna de hostalería no IES de Foz, clasificouse na terceira posición do III Concurso Nacional de Baristas, que tivo lugar a pasada fin de semana no marco da feira Hostelco, celebrada en Barcelona.

Sofía, que foi a única muller na final, elaborou un “Escumoso de queimada con café” (queimada e café servidos cun sifón, de maneira que imita a un escumoso) e un cóctel sen alcohol que denomina “Lusco e fusco” e está composto por café, xarope de café, nata e chocolate branco.

Semella que 2008 é o ano das mulleres galegas na hostalería, despois de que Beatriz Sotelo se proclamara, tamén en Barcelona, “Cociñeira do Ano”, do triunfo de Inés Abril no Campionato de Cociñeiros de Galicia y da viguesa Laura Nieto no Campionato de Canarias, que agora se completa co triunfo de Sofía entre os baristas.

Na foto, de esquerda a dereita, Honorio García, de Euskadi (2º premio), Javier García, de Euskadi (campión) e Sofía Prieto, 3ª clasificada

One thought on “A galega Sofía Prieto, terceira no Campionato de España de Baristas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *