Sesenta expositores no Salón das Denominacións de Orixe de Vigo

Arredor de 60 expositores presentarán preto de 400 marcas de alimentos e bebidas no Salón das Denominacións de Orixe e das Delicatessen, que se celebra en Vigo do 21 ao 23 de outubro.

Viños, queixos e carnes terán especial protagonismo no marco do salón, segundo indica a organización, que anuncia a presenza especial da provincia de Cáceres a través dos seus organismos turísticos e provinciais. Dez consellos reguladores estremeños estarán presentes no salón, o que converte a Vigo nun bo escaparate para coñecer de primeira man os produtos estremeños, que xa tiveron gran protagonismo en feiras anteriores.

Por parte galega a presenza institucional centrarase na Consellería de Medio Rural, coas 17 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas existentes en Galicia, e Galicia Calidade, que representará a 39 empresas. O catálogo completo de expositores pódese consultar na web do Salón.

Tamén na web de SalonDO hai ampla información sobre as actividades complementarias, coma os shows de Rafa Centeno, Pepe Solla e Xosé Cannas, talleres, catas, seminarios e tertulias, nunha das cales participarei en compaña de xornalistas, cociñeiros e bloggers gastronómicos.

2 thoughts on “Sesenta expositores no Salón das Denominacións de Orixe de Vigo

  • 18 de Outubro de 2008 at 15:53 03Sat, 18 Oct 2008 15:53:43 +000043.
    Permalink

    Ya tengo mi invitación para el evento. Allí estaré.

    Reply
  • 20 de Outubro de 2008 at 00:30 12Mon, 20 Oct 2008 00:30:55 +000055.
    Permalink

    El miércoles por la tarde estaré en una mesa redonda junto con cocineros y otros periodistas y bloggers gastronómicos. Si andas por allí acercate y al menos nos vemos las caras.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *