Bonilla e Porto Muíños, premiados por Carrefour

A firma coruñesa de patacas fritas Bonilla recibiu o premio á mellor peme agroalimentaria galega outorgada polo xigante dos hipermercados Carrefour. Porto Muíños tamén foi premiada como empresa máis innovadora. Non é precisamente a empresa francesa a que máis me emociona, pero desta volta non me queda máis que aplaudir a súa elección.

Hai tempo unha amiga cualificaba as tendas e supermercado en bos, malos e regulares segundo tiveran na sua oferta cervexa Estrella Galicia e patacas Bonilla, non ofreceran ningunha das dúas marcas ou tivera so unha delas.

Bonilla é todo un exemplo dentro do sector das patacas fritas, cun produto de gran calidade elaborado exclusivamente con patacas de primeira, aceite de oliva e sal (tamén hai patacas sen sal). O prezo é moi lixeiramente superior aos produtos das grandes do sector (Matutano e demais) pero eses céntimos de diferenza páganse con gusto. En Galicia non hai mellores patacas fritas (chips, de bolsa) que as Bonilla.

Pero na cidade da Coruña o que fai famosa a Bonilla son os seus churros. A empresa, familiar, ten pola cidade varios establecementos, cafeterías, onde a estrela son os almorzos e merendas con churros da casa. Certamente moi bos.

Polo que respecta a Porto Muíños, poucos son os que non teñan escoitado falar deste “gurú das algas” como o cualifica o mesmo Ferrán Adria. Se hoxe as algas son un produto presente en practicamente tódalas cociñas dos mellores restaurantes de España é a causa do traballo de Antonio Muíños, un home que comezou comercializando cogomelos e descubriu o potencial produtivo das costas galegas en materia de algas. Muíños é un home sorprendente, que un día está sobre o escenario de calquera dos grandes congresos gastronómicos que teñen lugar en España explicando as propiedades das algas aos grandes cociñeiros do país e ao seguinte enfúndanse no traxe de neopreno para bucear nas profundidades das augas galegas en busca de novos tesouros.

Muíños xa está na historia da nosa gastronomía, pero coñecendo o seu carácter inquedo aínda lle queda moito mundo que descubrir… e descubrirnos.

11 thoughts on “Bonilla e Porto Muíños, premiados por Carrefour

  • 16 de Outubro de 2008 at 12:56 12Thu, 16 Oct 2008 12:56:07 +000007.
    Permalink

    Estoy completamente de acuerdo: son las mejores patatas chips que he probado…

    Y las patatas sin sal son estupendas; na opción poco desarrollada por las marcas en España…

    Un saludo…

    Reply
  • 16 de Outubro de 2008 at 13:59 01Thu, 16 Oct 2008 13:59:44 +000044.
    Permalink

    Eu persoalmente, quédome coas patacas que facían no Raña os domingos á saída da misa.

    Reply
  • 16 de Outubro de 2008 at 17:51 05Thu, 16 Oct 2008 17:51:20 +000020.
    Permalink

    A mi las patatas de bolsa que más me gustan son las de la maraca Patatotas que son de Castro Do Rei (me parece que no tengo ninguna bolsa a mano).

    Reply
  • 17 de Outubro de 2008 at 08:36 08Fri, 17 Oct 2008 08:36:50 +000050.
    Permalink

    Delokos, efectivamente Bonilla tiene patatas sin sal y sorprende que están muy buenas.
    Pisón ¡quen as pillara!
    Tony, conozco la existencia de Patatotas pero no sus patatas. Habrá que probarlas, y si superan a las de Bonilla habrá que decir que ¡somos una potencia! en patatas fritas. Bueno, aunque no las superen, basta con que las igualen o anden cerca.

    Reply
  • 17 de Outubro de 2008 at 11:34 11Fri, 17 Oct 2008 11:34:18 +000018.
    Permalink

    Nin Bonilla nin Patatotas As que fai miña nai

    Reply
  • 19 de Outubro de 2008 at 11:36 11Sun, 19 Oct 2008 11:36:53 +000053.
    Permalink

    Mi enhorabuena a Don César Bonilla y a toda su familia de colaboradores (producción, administración, comercial etc.)ya que sin ellos seguramente no sería posible ese reconocimiento que les ha otorgado el público gallego. Mi más sicera enhorabuena, seguid así.

    Reply
  • 19 de Outubro de 2008 at 19:43 07Sun, 19 Oct 2008 19:43:38 +000038.
    Permalink

    Fijaos, pero en las patatas de Bonilla, desde hace un tiempo, pone que el aceite no sólo es de oliva (viene un porcentaje)

    Reply
  • 20 de Outubro de 2008 at 00:34 12Mon, 20 Oct 2008 00:34:24 +000024.
    Permalink

    María, la bolsa de patatas Bonilla que compré hace unos días y cuya foto ilustra este post dice en el capítulo de ingredientes: “patatas seleccionadas, aceite de oliva y sal marina”, y para nada habla de porcentajes o de otras grasas. Miraré otras bolsas a ver si encuentro el cambio que tu dices.

    Reply
  • 20 de Outubro de 2008 at 08:57 08Mon, 20 Oct 2008 08:57:14 +000014.
    Permalink

    Las patatas Bonilla ya no son lo que eran. Es cierto que utilizan aceite de oliva, pero su calidad ha perdido bastante desde hace dos o tres años. Además, cada vez son mas finas, haciendo esto que su crujir al comerla no sea el mismo. Estoy de acuerdo con Tony, prefiero la patatotas, en el formato de bolsa grande. Están fritas con aceite de girasol y las hacen en Castro do Rei (Lugo).

    Reply
  • 20 de Outubro de 2008 at 14:42 02Mon, 20 Oct 2008 14:42:15 +000015.
    Permalink

    Bandullo, no comparto tu opinión de que las patatas de Bonilla hayan perdido calidad, pero si tengo claro que debo probar cuanto antes esas Patatotas. ¿Alguien sabe donde se pueden encontrar en la zona de Santiago?

    Reply
  • 21 de Outubro de 2008 at 23:21 11Tue, 21 Oct 2008 23:21:48 +000048.
    Permalink

    Efectivamente las patatas Bonilla ya no son lo que eran, las Patatotas estàn mucho mejor, son mas gruesas en su corte y si me apuras mas sabrosas y su precio de lo mejor.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *