Ribeira Sacra, satisfeita pola calidade da uva vendimada

De Colineta

Inda que a vendima non remata ata finais desta semana, na Ribeira Sacra están satisfeitos cos resultados da mesma e calificana de moi boa pola gran calidade da uva recollida.

Ao rematar o 14 de outubro xa se recolleran preto de catro millóns de quilos de uvas, tendo pechada a vendima 95 adegas e outras cinco a piques de rematar.

A meirande parte da uva recollida corresponde á variedade mencía, con 3.526.677 de quilos, seguida de garnacha (229.307 quilos) e godello (107.500 quilos). Outras variedades, con cantidades que oscilan entre algo máis de 20.000 quilos e pouco máis dun cento deles son, por orde de importancia: albariño, tempranillo, treixadura, brancellao, merenzao, torrontés, mouratón, dona branca, loureira, caíño, sousón.

A colleita deste ano será arredor dun 10 por cento inferior en cantidade á de 2007 a causa da climatoloxía rexistrada na zona en primavera. Prevese que saian ao mercado máis de 3,5 millóns de botellas de Ribeira Sacra

One thought on “Ribeira Sacra, satisfeita pola calidade da uva vendimada

  • 29 de Outubro de 2008 at 13:39 01Wed, 29 Oct 2008 13:39:03 +000003.
    Permalink

    Parece que la cosecha no es tan numerosa pero al menos es de gran calidad… la probaremos…

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *