Rías Baixas incrementa as súas vendas de viños en Madrid nun 22 por cento

As vendas de viños da D.O. Rías Baixas en Madrid medraron no último ano un 21,6 por cento en cota de mercado e un 12,2 por cento en valor, segundo un informe realizado pola consultora Nielsen para o consello regulador.

Segundo o presidente do consello regulador, Xosé Ramón Meiriño, “O informe Nielsen describe unha situación moi esperanzadora e proponnos novas vías de traballo: como que Rías Baixas debe abrirse a novos mercados e a novos consumidores. Ademais, o informe destaca que os nosos viños están chegando cada vez a máis fogares a través da súa presenza nas grandes superficies de alimentación, e que dispón dun amplo percorrido no sector da restauración, onde Rías Baixas é coñecida e está moi ben valorada polos prescriptores, que os consideran como viños únicos e singulares”.

O informe centrase exclusivamente en Madrid por tratarse dun gran mercado no que o consumo de viños brancos é alto. Os datos parecen reflectir unha certa diferenza entre o que é a presenza dos viños de Rías Baixas no sector da distribución minorista (hipermercados e supermercados) e os restaurantes da capital.

No caso das grandes superficies, os viños de Rías Baixas están presentes no 86 por cento dos puntos de venda, cando hai tres anos esa porcentaxe baixaba ata o 49 por cento. Rías Baixas é, ademais, a terceira denominación de orixe con máis oferta dentro dos supermercados e hipermercados, nos que o 20,7 por cento dos viños brancos que poñen a disposición do consumidor proceder da D.O. Rueda, o 18 por cento da D.O. Navarra e o 14,9 por cento da D.O. Rías Baixas. Os brancos do Ribeiro supoñen o 6,2 por cento da oferta de brancos.

Nos restaurantes a presenza é moi inferior. O 21 por cento dos restaurantes madrileños inclúen Rías Baixas nas súas cartas de viños, fronte a 12 por cento de hai tres anos, polo que aínda queda moito traballo por facer neste eido. O dominio dos brancos de Rueda na restauración madrileña é esmagador: máis do 50 por cento das vendas.

Rías Baixas ten unha cota de mercado, en volume, do 11,1 por cento das vendas de brancos en grandes superficies e dun 7,3 por cento nos restaurantes.

Actualización (16-10-08): Ás veces os xornalistas nos pasamos un pouco titulando: El Correo Gallego.

One thought on “Rías Baixas incrementa as súas vendas de viños en Madrid nun 22 por cento

  • 16 de Outubro de 2008 at 04:23 04Thu, 16 Oct 2008 04:23:02 +000002.
    Permalink

    Colineta, veo que tienes un post sobre el Paprica de Lugo unos días atrás.

    Pues ayer le hice una visita, y sitio muy muy recomendable. Precisamente acabo de colgar un post en mi blog sobre el sitio.
    Algo que me sorprendió del sitio es q

    Comimos maravillosamente bien, atendidos muy correctamente en sala, y eso que por lo que me comentaron el propietario del mismo no se encontraba allí en esos momentos.
    Todos sabemos lo que suele pasar en los negocios cuando el propietario no está presente …

    Repito, local muy muy recomendable !

    Sólo le encontré un pero al local, la carta de vinos, que era muy pobre. Creo que un local como ese se merece una carta de vinos más seleccionada y bastante más amplia.
    Ojo que esto es una crítica constructiva !

    El resto de diez !

    Respecto a los datos de las D.O. (sea cual sea), no me fío. Dan los que les interesan.

    Veremos si tienen tanta seriedad las famosas calificaciones de añadas …

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *