Outono en Paprica (Lugo)

Terrina de foie, setas de temporada, ensalada de anisadosÁlvaro Villasante, cociñeiro do restaurante Paprica, de Lugo, remíteme algunhas das súas propostas para o outono, cunha ensalada de amorodos, anchoas e parmesano¸ seguida de Terrina de foie con setas de tempada e ensalada de anisados e Mousse de arroz con leite, xelificado de cítricos e tella de vainilla.

Paprica foi un dos finalistas do recente Concurso de Tapas de Lugo, ao que presentou unha tapa de bonito do norte, tomate e cristal de pataca

4 thoughts on “Outono en Paprica (Lugo)

  • 16 de Outubro de 2008 at 23:39 11Thu, 16 Oct 2008 23:39:29 +000029.
    Permalink

    encántame o Paprika, como pouco experto en gastronomía, recomendo “encarecidamente” a visita para adentrarse a módico prezo na cociña de autor.
    Por certo hoxe houbo no Vila do Val unha cata de viños, creo que inédita por aqui,por Juan Luis González, profesor de hostelería, que nos deixou abondosa instrucción e delicioso padal.

    Reply
  • 17 de Outubro de 2008 at 08:38 08Fri, 17 Oct 2008 08:38:37 +000037.
    Permalink

    Roi, gústame saber que no Valadouro hai movemento. Cada vez estou máis seguro de que ese hotel (Vila do Val) e a reapertura do Raña van supoñer cambios moi interesantes na hostalería da vila.

    Reply
  • 17 de Outubro de 2008 at 12:38 12Fri, 17 Oct 2008 12:38:55 +000055.
    Permalink

    Haberá que apuntalo…

    Reply
  • Pingback: TERRINA DE FOIE “TEXTURA FINA” | restaurantelcaragol

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *