Estudan a alimentación das vacas para mellorar a súa carne

Carpaccio de vaca galegaCada ano. 100.000 vacas galegas van ao matadoiro unha vez que deixaron de dar leite, ben por idade ou por outras moitas causas, entre as que se atopa, por exemplo, a infertilidade. Unha vaca que non empreña, por moi nova que sexa, non da leite, e se non da leite… para Frigsa, como se dicía cando este matadoiro lucense era a referencia na provincia.

Os gandeiros sempre pensaron que esas vacas, especialmente as máis vellas, remataban convertidas en salchichón, destino certo para algunhas, pero non é menos verdade que as mellores poden acabar nas mesas dos máis selectos restaurantes, co escarnio, que diría Flavio Morganti, de que a súa carne se presente como de boi. Porque bois, o que se di bois, xa van quedando poucos… por non dicir ningún.

Agora a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Innovación e Industria e en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria de Galicia (CTC), está a desenvolver un estudio sobre a alimentación que deben recibir as vacas desbotadas da produción leiteira para converterse en provedoras de carne da mellor calidade.

Parece que un silo elaborado exclusivamente coa mazaroca do millo e complementado cun peso rico en pipas de xirasol é o que está a dar os mellores resultados, aparte de que a carne así obtida presenta algúns aspectos funcionais de certo interese, como a presenza de CLA, un ácido graxo con efectos positivos sobre o control da graxa corporal do consumidor, o colesterol e o sistema inmunitario.

Os autores do estudo consideran que a carne das vacas así alimentadas podería ter tres usos: “Os primeiros resultados do estudo avanzan que a carne se podería vender en fresco con tres tipos de usos de calidade: o lombo para chuletón de boi, o cuarto traseiro para cecina e o cuarto dianteiro para hamburguesas con propiedades nutricionais específicas.”. O entrecomillado cópioo literalmente da nota de prensa remitida pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, na que por arte de birlibirloque a carne de vacas de leite desbotadas se converte en “chuletón de boi”. Cosas veredes… Flavio.

As reclamacións ao Instituto Galego de Consumo, que depende da Consellería de Innovación e Industria

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *