Cambrils: o mar de Galicia asoma ao Mediterráneo

Navallas de Aldán, volandeiras de Cangas, ourizos de Lira, polbo das Rías e percebiños de Baiona serán algúns dos produto do mar galego que poderán degustar os asistentes ao Fòrum del Mar, que terá lugar en Cambrils do 26 ao 28 de outubro, coa presenza de produtores galegos, o cociñeiro Xosé Cannas (restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe), e a Consellería de Pesca da Xunta de Galicia.

O programa do Fòrum do Mar, promovido polo Concello e o Padroado de Turismo de Cambrils, e organizado por Pep Palau, von Arend & Associats, diríxese a dous públicos diferenciados. O domingo 26, as actividades están pensadas para os amantes da boa cociña e os bos viños, mentres que o 27 e 28 levan a cabo as xornadas profesionais coa presenza de cociñeiros, enólogos e catadores de todo o arco mediterráneo como Joan Bosch, Pedro Cabanillas, Joan Miquel Canals, Xavier Ferraté, Jean-Luc Figueras, Vicente Patiño, Paco Pérez, Luigi Pomata ou Ricardo Sanz, entre outros, así como o galego Xosé Cannas.

As sesións desenvolveranse en distintos escenarios e de forma paralela nunha carpa situada diante do mar. Na Cociña terán lugar as clases maxistrais. Espectáculos de cociña en directo a cargo de relatores de recoñecido prestixio. Un escenario que tamén acollerá os diálogos do Observatorio Gastronómico do Mediterráneo, onde se reflexionará sobre temas de actualidade e de gran interese para o sector. Na Aula do gusto realizaranse catas guiadas de produtos singulares do mar e da terra, acompañados dos mellores viños e cavas.

Ademais das actividades programadas, o Fòrum do Mar tamén ten un espazo dedicado aos expositores, o Mercado do Mar. Un escaparate idóneo para elaboradores de produtos singulares derivados do mar, e como complemento, os derivados da terra, que seguen prácticas artesanais e sostibles na elaboración dos seus produtos. A maioría destes son orixinarios do marco xeográfico do Mediterráneo, de modo que ofrecerán ao profesional asistente a posibilidade de coñecer a ampla gama de produtos deste territorio. O Fòrum do Mar tamén ten un espazo dedicado aos expositores, o Mercado do Mar.

Xosé Cannas: A paisaxe culinaria da nova Galicia

Cannas leva a Cambrils un apertado programa de actividades, con dous relatorios e dúas caras guisadas de produtos.

O domingo 26 compartirá sesión co cociñeiro catalán Jeroni Castell, do restaurante Les Moles de Ulldecona (Tarragona) baixo o título “Catalunya-Galicia nos fogóns” e tamén dirixirá unha cata guiada de produtos do mar e viños galegos.

O luns 27 presentará o relatorio”A paisaxe culinaria da nova Galicia” e dirixirá unha segunda cata.

Nesta edición, Galicia será o territorio invitado, a través da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta. Isto fará posible o binomio Mediterráneo-Atlántico. Cambrils e, por extensión, as terras de Tarragona representan o Mediterráneo, mentres que Galicia, cunha gran variedade e riqueza de produtos do mar nas súas costas, representa o Atlántico.

O período de inscricións para participar nas xornadas profesionais do Fòrum do Mar xa está aberto, de modo que calquera persoa interesada pode inscribirse a través da páxina web (www.forumdelmar.info) ou do teléfono 93 883 30 45.

2 thoughts on “Cambrils: o mar de Galicia asoma ao Mediterráneo

Deixa una resposta a Alberto Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *