Nove segue levando a cociña galega por todo o mundo

Grelos peruanosOs cociñeiros do Grupo Nove continúan en plena racha de actividades no exterior de Galicia, con presenza nos máis variados foros culinarios españois e internacionais

Os grelos foron fotografiados en Lima por Marcelo Tejedor. Picando na foto pódense ver outras da mesma viaxe

Acabado de regresar de Perú, onde participou na Primera Feria Internacional de Lima e no seu congreso, Marcelo Tejedor podería estar en breve en Bogotá (Colombia) impartindo unhas sesións maxistrais.

Pola súa parte, Beatriz Sotelo (A Estación), coa que coincidín a pasada semana no xurado do concurso de Tapas de Lugo, comentábame que a finais de outubro estará en Murcia para participar nos Terceros Encuentros de Cocina Profesional “Murcia Turística” onde tamén estarán cociñeiros da talla de Martín Berasategui.

Tamén a finais de outubro Xosé Cannas participará no Fòrum del Mar, en Cambrils, como xa adiantou Colineta.

Finalmente, dende o Grupo Nove informan que Eduardo Pardo (restaurante Domus) dirixirá unha sesión maxistral de cociña dirixido a alumnos de hostalería e organizado pola firma Coca Cola.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *