Outra maneira de comer fabas

Hoxe, 5 de outubro de 2008, Lourenzá celebra a Festa da Faba, un produto de altísima calidade ao que aínda lle queda moito camiño por andar en Galicia, onde xa case todo o mundo escoitou falar del pero moitos aínda non probaron.

Na vila do Conde Santo exáltase a que debería chamarse Faba da Mariña, pero por torpeza dunha maioría na que hai que incluír produtores, alcaldes, políticos mariñáns en xeral e consellería de Agricultura, antes, e Medio Rural, agora, oficialmente leva o nome de Faba de Lourenzá. A parte polo todo.

– Neno, xa empezas outra vez coas túas manías, que non lle interesan a ninguén.

– Pois si Filomeno, aquí me tes facendo amigos en Lourenzá, pero que lle queres, un é así de teimudo e non vou cambiar por moito que as miñas teimas non interesen.

Filomeno Petisuis, o meu amigo do Cadramón, fai que marcha, así que cambio de asunto e deixo o nome das fabas para unha próxima arroutada. Tampouco me vou entreter no asunto de se as fabas son en castelán “habas” ou velocidade.

O caso é que as Fabas da Mariña serven para moito máis que cociñar fabadas ou mesturalas con ameixas, que nos dous casos teño por pratos importados da veciña Asturias, ou con polbo, que así as comín, e moi boas, hai xa tempo no Selmira de Cangas (para os mariñaos Cangas non leva apelido, pero para o resto de galegos debería escribir “Cangas de Foz” e distinguila así da outra Cangas, a do Morrazo). E hai menos dun ano vía a un cociñeiro cambadés, Antonio Botana, cociñar as fabas con chocos da ría.

Pero queda moito por facer con este produto. Tres anos atrás eu levaba á radio (daquela colaboraba na Radio Galega) e despois traía a Colineta unha receita que me gusta moito: a marmelada de fabas.

One thought on “Outra maneira de comer fabas

  • 05 de Outubro de 2008 at 12:22 12Sun, 05 Oct 2008 12:22:19 +000019.
    Permalink

    Me cachis con la fiesta! Con todo respeto y cariño, es que ayer fuimos hasta Cee para comer en el Anxelo de Pía Lago. Fuimos al tun-tun, ya que por mas que nos desquiciamos buscando, en ningun sitio aparece un teléfono del lugar.
    Al llegar un frustrante cartel de “cerrado los días 4 y 5”
    Ahora se explica, supongo que Pía andaría por Lourenzá.
    Asi que si alguien sabe el teléfono POR FAVOR que no quiero ir otra vez hasta ahí y frustrarme!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *