Santa Minia

De Colineta

Santa Minia é a gran romería do outono no entorno de Compostela. O polbo é un dos seus atractivos

Hoxe no meu arredor hai unha actividade pouco habitual. A pequena vila na que vivo e traballo preparase para a gran festa: mañá, 27 de setembro, é Santa Minia.

Pedrouzos, o lugar onde está a capela, ten uns poucos centos de habitantes. Pero mañá florece en xentes e polbo. Arredor de 20.000 persoas nos xuntamos cada ano, pero caendo en sábado este habemos ser máis. Esta noite haberá luminarias e queima da fachada, como cada 24 de xullo na compostelá praza do Obradoiro. Mañá coches e autobuses chegados de media Galicia, misas todo o día, exvotos e velas para a santa (una nena romana, mártir, que veu dar cos seus ósos a Brión da man dun parente do viveirense Lois Tobío), roscas, churros, as últimas froitas da Amaía, noutro tempo rica nelas… e polbo a esgalla. Seis polbeiras cos seus grandes cobertizos contei este mediodía na carballeira.

Neste outono galego o amante do polbo e a romaría ten que pasar pola Santa Minia, o San Froilán de Lugo e as San Lucas de Mondoñedo, por esa orde, que xa terá despois todo o inverno para descansar.

Non escribo máis, que ando escaso de tempo, así que vos deixo co publicado o ano pasado e os albumes de fotos das pulpeiras de Santa Minia e a súa romaría.

One thought on “Santa Minia

  • 29 de Setembro de 2008 at 09:29 09Mon, 29 Sep 2008 09:29:27 +000027.
    Permalink

    Precisamente estuve el pasado martes en el taller de unzueta mirando unos apliques y estaban preparando el fiestón.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *