Festival internacional da comida de rúa en Cesena (Italia)

Comer na rúa é unha actividade habitual en multitude de países. Ata o polbo á feira pode ser unha “comida de rúa”

Ata o próximo domingo a cidade italiana de Cesena vivirá o Festival Internazionale dil Cibo de Strada ou o que é o mesmo, o festival da comida de rúa, na que serán protagonistas todas esas especialidades que habitualmente se poden adquirir en tenderetes e quioscos de rúa.

O cine lévanos inmediatamente a pensar nos cachorros quentes de Nova York, que precisamente non van estar representados no festival, onde as estrelas serán o Couscous Marrakech Express e a tortillas mexicanas.

Pero tamén haberá especialidades italianas procedentes de Romagna, Liguria, Toscana, Plugia, Campania, Alto Adige e Sicilia (peixes fritos, fainá, pizza, emburtidos, salchichas e moitas outras cousas), e tamén de Provenza, Turquía, Kurdistán, Grecia, Marrocos, India, Perú, México e Indonesia.

A colaboración do xornalistas gastronómico Vittorio Castellani (Chef Kumalé) foi decisiva para conseguir tanta diversidade. Mágoa que entre tanta comida internacional non estea o polbo á feira. A Vittorio, que xa coñece Galicia e a súa gastronomía, haberá que levalo a próxima vez a Ourense en fin de semana, para que comprobe que o polbo á feira tamén é comida de rúa.

A visión de Galicia do Chef Kumalé pódese ver nas súas coleccións de fotos en Flickr, onde amosa pratos de varios restaurantes galegos (entre outros Casa Marcelo, Toñi Vicente, Pandemonium, Playa Club), a feira de Padrón ou as mariscadoras de Cambados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *