Un atún mareado

De Colineta

Aos “Bocaditos de Atún” de Rianxeira xa lle saiu a competencia de marca branca. Pero iso si, con sorpresa

Non me canso de recomendar a lectura detallada das etiquetas dos alimentos que mercamos a cotío porque nas mesmas hai frecuentemente moita información que nos pode sorprender.

Eu acostumeime a mirar tódalas etiquetas, incluso as case ilexibles dos caramelos, por mor da alerxia á proteína do leite que padeceu o meu fillo, afortunadamente xa superada. Pero levo ás costas un master en etiquetado de nove anos. E sigo cultivando o costume de ler as etiquetas.

Hai arredor dun ano Jealsa-Rianxeira sacou ao mercado os seus “Bocaditos de atún”, uns dadiños de atún en aceite moi axeitados para ensaladas e outras preparacións. E xa se sabe que neste mundo da alimentación innova unha empresa, cópiana cen e algo despois o produto xa está nos andeis dos supermercados baixo as súas marcas brancas.

Pois iso é o que sucedeu xa cos bocaditos de Rianxeira, que hai uns días vin no Mercadona baixo a súa marca branca, Hacendado, co nome de “Snacks de atún”. E como sempre, saíume a vea de inspector de etiquetas e mire a daquel atún. Sorprendeume ver como identificaba con todas as letras o subministrador (Escurís) no canto de facelo so co rexistro sanitario de industria, que é o máis común, e que so nos permite saber de primeiras a provincia onde foi fabricado.

Pero o que aínda me sorprendeu máis é que a etiqueta di textualmente: “Fabricado por ES 1200388/C para Escurís”. É dicir, Hacendado mércalle a Escurís que á súa vez lle merca a unha terceira firma. Certamente complicado.

Todo me quedou claro cando puiden comprobar que ES 1200388/C non é outro que Jealsa-Rianxeira, que á súa vez é propietaria de Escurís.

Os snacks de Hacendado levan aceite de xirasol, mentes os bocaditos de Jealsa van en aceite de oliva, de soia e ao natural.

Imaxino que Jealsa non quere aparecer abertamente como fabricante dun produto de marca branca e interpón á súa filial Escurís. Imaxino.

4 thoughts on “Un atún mareado

  • 25 de Setembro de 2008 at 13:31 01Thu, 25 Sep 2008 13:31:39 +000039.
    Permalink

    Miguel, por si lo sabes, ¿donde se puede consultar a quien pertenece cada codigo de embasador?…

    Reply
  • 25 de Setembro de 2008 at 15:37 03Thu, 25 Sep 2008 15:37:28 +000028.
    Permalink

    La Agencia ESpañola de Seguridad Alimentaria ofrece ese servicio: http://www.aesa.msc.es

    Reply
  • 26 de Setembro de 2008 at 07:53 07Fri, 26 Sep 2008 07:53:41 +000041.
    Permalink

    Lo que yo no sabía era que escuris era del grupo Rianxeira.

    Pensé que era empresa independiente.

    Reply
  • 26 de Setembro de 2008 at 10:42 10Fri, 26 Sep 2008 10:42:21 +000021.
    Permalink

    UNHA OPA , BASTANTE HOSTIL…

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *