Concurso de Tapas en Lugo ata o 28 de setembro

En Lugo saír de tapas é unha actividade case tan automática como respirar.

O seu Concurso de Tapas chega este ano á carta edición con 40 locais participantes.

Aínda queda tempo para ir de tapas por Lugo, unha actividade que na cidade das murallas ten dende sempre un gran predicamento. Agora engádese o interese adicional da cuarta edición do seu Concurso de Tapas, que comezou o pasado 13 de setembro e continuará ata o próximo día 28.

Un total de 40 establecementos participan no concurso, cunha tapa en cada caso, encaixada nas categorías de tradicional (21 tapas) ou creativa(19 tapas).

O xurado concederá un primeiro premio e un segundo en cada un dos dous apartados, así coma un premio á tapa que mellor harmonice co viño da D.O. Ribeira Sacra ou mellor o empregue como ingrediente. Por votación popular tamén se concederán premios á mellor tapa de cada categoría.

Na web oficial do concurso pódese atopar información detallada sobre os locais que participan e a súa oferta.

4 thoughts on “Concurso de Tapas en Lugo ata o 28 de setembro

  • 24 de Setembro de 2008 at 17:01 05Wed, 24 Sep 2008 17:01:11 +000011.
    Permalink

    Polo que eu coñezo, Lugo é a mellor cidade do mundo para tapas (gratuitas) onde case lle parece mal aos camareiros que non degustes algunha das opcións que ofrecen. É unha acción automática, rápida e amabel preguntarlle ao cliente con unha bandexa de pinchos en cada man, sen distinguir en clientes asiduos ou recén chegados. Non falo de deseño, orixinalidade, ou cantidade, si de relación calidade-prezo como agasallo dende unha consumición de oitenta céntimos e de unanimidade de ofertas nos locais da cidade, sexan de deseño ou tabernas tradicionais.
    En poucos sitios as rotas de tapas ou concursos como estes non son pretexto dun día senón reflexo de todo un estilo de viños que dura o ano enteiro.

    Reply
  • 24 de Setembro de 2008 at 17:17 05Wed, 24 Sep 2008 17:17:57 +000057.
    Permalink

    Concordo contigo en que Lugo é un paraíso para as tapas de balde.

    Reply
  • 25 de Setembro de 2008 at 05:34 05Thu, 25 Sep 2008 05:34:50 +000050.
    Permalink

    Lugo es el paraiso del clo clo en lo que a tapas para acompañar la consumición se refiere.

    Asi y todo me parecen pocos los 40 participante para una ciudad como Lugo.

    Creo recordar que en el certamen de Ribadeo participaban más de 30 locales y había presentadas más de 50 tapas.

    Ribadeo respecto a los pinchitos para acompañar la consumición no lo hace mal tampoco.

    Reply
  • 25 de Setembro de 2008 at 08:25 08Thu, 25 Sep 2008 08:25:31 +000031.
    Permalink

    Es cierto, Tony, que 40 locales y 40 tapas para una ciudad con la tradición de Lugo parecen pocas. Y además en la cuarta edición del concurso. En Santiago, con menos tradición de Lugo, participaron este año en la primera edición 45 locales y 113 tapas.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *