Xornada de reivindicación dos produtos caseiros

De Colineta

Organizado polo Sindicato Labrego Galego e o Colexio de Veterinarios, celebrarase en Santiago de Compostela o 26 de setembro

Os interesados nos produtos caseiros teñen cita o próximo 26 de setembro no centro comercial Área Central (Santiago de Compostela) no que terá lugar una Xornada reivindicativa do produto caseiro, organizada polo Sindicato Labrego Galego, o Colexio de Veterinarios da provincia da Coruña e a Fundación Acivega.

A xornada, que se celebrara no hotel existente no centro comercial, terá unha parte teórica e outra práctica. Na parte teórica haberá conferencias sobre Situación do produto caseiro en Galicia (Carme Freire, do SLG, e Xosé Uxío Freire, do Colexio de Veterinarios), Implicacións legais da venda de produtos caseiros no agroturismo do Piamonte italiano (Ugo Boldi, veterinario do Piamonte), Explicacións legais dos produtos animais caseiros das Landas (Deborah Infante, do Sindicato Veterinario de Saúde Pública, de Francia). Haberá tamén un debate sobre o borrador do decreto de artesanía alimentaria que está a elaborar a Xunta de Galicia.

Na parte práctica anunciase un mercado de produtos caseiros ao longo de todo o día

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *