Cambados celebra esta fin de semana a Festa da Vieira

De Colineta

Cambados celebra este fin de semana a Festa da Vieira malia que os hostalerios da localidade se descolgaron da súa organización

Non é broma. Índa non pasou unha semana do inicio do asunto das vieiras de Ferrol e xa Cambados está a celebrar a súa Festa da Vieira. Igual é o mellor momento, agora en quente, para chamar a atención sobre o produto e as súas excelentes cualidades cando se trata de vieira legal, extraída e procesada conforme ás normas. En poucos días, á volta da fin de semana, saberemos se acertan o concello e a confraría en celebrar a festa nas súas datas normais, no canto de atrasala algunhas semanas, ou se acertan os hostaleiros cambadeses en descolgarse da organización da mesma, como xa fixeron. O público ten a palabra.

Polo que se dixo na presentación da festa, as vieiras que se van servir na mesma son galegas. E conxeladas.

Agora mesmo as vieiras galegas que están no mercado so poden presentarse conxeladas. O motivo é sinxelo: neste momento non se está extraendo vieira, de forma legal, das augas galegas. No próximo mes comezaranse os análises para comprobar se a toxina amnésica está dentro dos máximos autorizados. En caso de que a cousa sexa así e non se superen os máximos legais, a Xunta poderá autorizar un plan de explotación.

Entón a vieira collerase baixo supervisión de técnicos oficiais, desembarcarase en Cambados (cando procede da ría de Arousa, que é o habitual e que está a converter Cambados no porto galego que máis vieira descarga) e será levada, en camións precintados, ás instalacións de Vieira de Galicia, S.L., única empresa autorizada para procesar as vieiras galegas, procesado que consiste no eviscerado das mesmas, análise por lotes do posible presenza de toxina anmésica e a súa contía, envasado, etiquetado e distribución. Durante o período de extracción pódese vender vieira fresca (fresca pero morta, xa que foi eviscerada). O resto do ano so conxelada, mentres haxa existencias nas cámaras de Vieira de Galicia, S.L., xa que en 2007 as capturas foron algo superiores a 220 toneladas en toda Galicia. Todo este proceso está regulado pola Orde de 15 de xaneiro de 2002.

A existencia dunha única empresa dedicada á evisceración de vieiras está dando abondo que falar, e a meirande parte dos que tal fan limítanse a asegurar que se trata dun monopolio. O dicionario di que monopolio é unha concesión en réxime de exclusividade e neste caso a redacción da orde citada fala de plantas evisceradoras en plural, polo que entendo que o mesmo que hai unha podería haber dúas ou máis. So fai falla que alguén se decida a arriscar os seus cartos en montar unha nova. Claro que o limitado da materia prima a procesar, pouco máis de 200 toneladas ao ano, non debe animar a ninguén ¿non lles parece?. Así que de momento parece que imos seguir cunha única evisceradora.

ACTUALIZACIÓN (12 de setembro, 13:45 horas): Vieira de Galicia S.L. é a única empresa que se dedica na actualidade á evisceración de vieiras, pero nos últimos tempos a Xunta autorizou algunha máis, que polo momento non está funcionando. Tentarei saber algo máis.

NOVA ACTUALIZACIÓN (15 de setembro): Mar Ambroa, de Vieira de Galicia, S.L., que asegurou tallantemente que hai outras empresas autorizadas para eviscerar vieira inda que non está funcionando, di agora que non ten constancia documental sobre o asunto e que o dito procede de rumores que circulan por Cambados. Segundo o gabinete de prensa da Consellería de Pesca so Vieira de Galicia conta actualmente con autorización para eviscerar vieira. En Pereira, empresa á que parece apuntan os rumores, aseguran que tiveron noutro tempo autorización para eviscerar, pero que dende que se lles queimou a fábrica non volveron solicitala. Na actualidade din que Pereira merca a vieira eviscerada a Vieira de Galicia. Quede claro, pois, que Vieira de Galicia é a única empresa actualmente aurtorizada pola Consellería de Pesca para a evisceración de vieira galega


6 thoughts on “Cambados celebra esta fin de semana a Festa da Vieira

  • 12 de Setembro de 2008 at 10:13 10Fri, 12 Sep 2008 10:13:03 +000003.
    Permalink

    Creo que es bueno que se lelve a cabo la fiesta. La normalidad es lo que debe reinar en estos casos. Lo extraordinario es lo sucedido en el caso “vieira”….

    Reply
  • 12 de Setembro de 2008 at 13:40 01Fri, 12 Sep 2008 13:40:51 +000051.
    Permalink

    Es uan forma de ver la cosas muy sensata, sampedro, pero corren el riesgo de que el público les de la espalda, dada la psicosis que parece haber entre la gente. Y un fracaso de la fiesta sería más grave que su aplazamiento.

    Reply
  • 13 de Setembro de 2008 at 08:50 08Sat, 13 Sep 2008 08:50:48 +000048.
    Permalink

    Botadechaplin, si la vieira es importada no hay problema. Pero si es gallega solo puede llegar al mercado eviscerada en una empresa autorizada por la Xunta, envasada de forma individual y etiquetada. En este momento no hay vieira gallega fresca en el mercado, pero si congelada. La última campaña de captura de vieira fue de finales de noviembre de 2007 a mediados de febrero de 2008. El próximo mes harán análisis de toxina para ver si puede abrirse de nuevo el período de captura.
    Gracias por el apoyo.

    Reply
  • 13 de Setembro de 2008 at 14:03 02Sat, 13 Sep 2008 14:03:39 +000039.
    Permalink

    Hola Miguel:

    OK. Pero entre tanta noticia de estos días no sé si habré leido que la importada fresca también tiene que venir eviscerada para comercializarse en Galicia.

    Reply
  • 13 de Setembro de 2008 at 20:35 08Sat, 13 Sep 2008 20:35:24 +000024.
    Permalink

    La orden de 2002 que regula todo el proceso habla solo de la vieira capturada en Galicia. Entiendo que la importada fresca puede venir sin eviscerar siempre que cumpla los requisitos sanitarios.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *