Unha receita galega de “coquinas”

Un brote de hepatite A descuberto na Comunidade Valencia trae á actualidade as coquinas (Donnas vittatus), esas pequenas ameixas, finísimas, que tan abundantes eran na costa de Lugo e do norte da Coruña cando eu era neno e tan escasas na actualidade. Escasas e case imposibles de atopar, xa que practicamente todas as que se extraen van para os mercados do Mediterráneo.

Coquina é nome español dun marisco que en Galicia se denomina fundamentalmente cadelucha no sur e navalla no norte. Si, navalla, que para o xénero Solen na Mariña de Lugo empréganse fundamentalmente os termos longueirón e longueirolo.

Segundo a Guía dos mariscos de Galicia de Rosa Ramonell (editorial Galaxia) en Galicia tamén recibe os nomes de ameixa negra, arola, carneiro, dique, maravilla, turitaina e zapatela. Jorge Víctor Sueiro, en Comer en Galicia, dalle o nome de navalliña.

Como hai xa anos que escribín sobre as navallas ao lambe-lambe, déixovos co escrito daquela.

As da foto non son navallas ao lambe lambe. Foron fotografadas en Punta Umbría (Huelva) e a foto pertence a emedegato


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *