Poucas novidades no caso das vieiras

Despois dun repaso minucioso ás edicións dixitais de xornais galegos e españois e de radios e televisións, poucas novidades hai sobre o asunto das vieiras, pero seguen as preguntas.

Segundo La Voz de Galicia, o Seprona informou ao xulgado de que as vieiras de Ferrol estaban chegando a oito restaurante, que non son nin de lonxe os 30 ou 40 dos que falou Chef Rivera. La Voz apunta nomes que xa dera antes El Correo Gallego: Sexto I, Sexto II e Algueirada, en Santiago de Compostela, ademais dos Marlima I e Marlima II, de Sanxenxo, Casa Laura e Casa Ces, de Poio, e Toñi Vicente que é o único nome de persoa que sigue sendo público. Semella que o resto de restaurantes citados non teñen responsable. En calquera caso, suman sete establecementos, así que aínda falta un por coñecer.

Algo que tamén queda claro é que o sumario so debe ser xa segredo para os avogados dos implicados, e ademais non debemos perder de vista un feito que pode retrasar os trámites xudiciais, alongando todo este asunto: o asasinato de dúas persoas en Ferrol esta mesma semana está en mans do mesmo xuíz que leva o caso das vieiras, que terá polo tanto que duplicar esforzos.

Por parte dos cociñeiros continúan algunhas declaracións pouco afortunadas, despois das de onte de Chef Rivera.

E como detalle, non perdan a información que ofrece na súa web Antena 3, onde o texto escrito e o video que o acompañan se contradín por completo: mentres por escrito din que “Las vieiras gallegas se siguen vendiendo con normalidad” no video aclaran que neste momento non hai vieira galega fresca no mercado. E no texto escrito esquecen que non basta con retirar o hepatopáncreas para que a vieira galega sexa apta para o consumo. Ademais é preciso realizar análises que garantan que na vianda e na gónada non hai toxina ou está dentro dos niveis admitidos, proceso para o que en toda Galicia so hai unha empresa autorizada.


5 thoughts on “Poucas novidades no caso das vieiras

  • 10 de Setembro de 2008 at 12:03 12Wed, 10 Sep 2008 12:03:44 +000044.
    Permalink

    Me parece lamentable e patético que, deixando a un lado procedementos xudiciais, policiais, etc,e se houbo ou non máis restaurantes implicados, que a estas alturas haxa restaurantes (que se supoñen profesionais) que ainda fagan uso destas prácticas de mercar productos de dubidosa procedencia ou dubidoso estado (deixémolo ahí) e máis lamentable no caso de Toñi Vicente co seu status gastronómico e experiencia. Ao final o que provoca todo esto é desconfianza e medo no que se senta á mesa dun restaurante e comeza a leer a carta.

    Reply
  • 10 de Setembro de 2008 at 17:22 05Wed, 10 Sep 2008 17:22:20 +000020.
    Permalink

    “En cualquiera caso, suman siete establecimientos, así que aún falta uno por conocer”.

    Vostede mesmo enumera antes: “Sexto I, Sexto II y Algueirada, en Santiago de Compostela, además de los Marlima I y Marlima II, de Sanxenxo, Casa Laura y Casa Ces, de Poio, y Toñi Vicente que es el único nombre de persona que sigue siendo público”.

    1) Sexto I,
    2) Sexto II
    3) Algueirada
    4) Marlima I
    5) Marlima II
    6) Casa Laura
    7) Casa Ces
    8) Toñi Vicente

    Na nova enténdese que son oito restaurantes contando tamén Toñi Vicente.

    Reply
  • 10 de Setembro de 2008 at 17:51 05Wed, 10 Sep 2008 17:51:01 +000001.
    Permalink

    A mi me sigue despertando enormes dudas todo el asunto, sobre todo cuando se siguen tardando horrores en dar a conocer los nombres de otros chefs detenidos ¿o a caso la unica chef es Toñi y en el resto de restaurantes se ha acudido a terceras personas, gerentes, gestores etcetera?

    ¿Donde estan las imagenes y comparecencias de esos chefs/gerentes/gestores? Yo solo he visto imagenes de Toñi…

    Creo, que se me corrija sino, que tanto los Sexto como los Marlima comparten dirección ¿contamos un imputado o dos, unos por cada local? y en caso de ser solo uno por cadena de establecimientos, ¿como se llaman los demas? ¿cuales son sus nombres?

    Y por finiquitar la cosa a mi también me preocupa que se actue así en hostelería, muchísimo, pero mas me preocupa que el guardian del gallinero parezca un inutil…. y lo parece aun mas cuando actua que cuando no actua por lo evidente de sus ausencias.

    Reply
  • 10 de Setembro de 2008 at 18:22 06Wed, 10 Sep 2008 18:22:31 +000031.
    Permalink

    É certo, Xoán, suman oito restaurantes.

    Reply
  • 11 de Setembro de 2008 at 14:15 02Thu, 11 Sep 2008 14:15:10 +000010.
    Permalink

    Yo estoy esperando a que se levante el secreto de sumario, ya que le voy a dedicar tiempo.

    Respecto e estas declaraciones – el grupo de hosteleros Xantares se reunió en Santiago con Vicente para darle su “apoyo incondicional” porque “aunque se equivocó, no es ninguna delincuente”. – no estoy de acuerdo.
    Delincuente es el que delinque, y si la señora esta es cierto que delinquió, tendrá que asumir las consecuencias.

    Lo que si estoy de acuerdo es en que hay que partir de la base de que todo el mundo es inocente hasta que se demuestre lo contrario (presunción de inocencia). Ahora , de los implicados en este caso y que sean declarados culpables, habría que aplicarles la ley sin piedad.

    Ejemplo,
    Este día (finales de julio) me equicoqué (yo), cometí un error administrativo trabajando tipificado como grave, y la Xunta (consumo) me va a endiñar entre 600 y 6000 euros.

    Si te equivocas, a pagar y a asumir las consecuencias, no vale andarle lloriqueando a los amigos por ahí.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *