Vieiras na prensa internacional

Xornais internacionais, coma o International Herald Tribune, ocúpanse do caso das vieiras ilegais

Que sa fale de min inda que sexa mal” dicimos moitas veces algo inconscientemente. Seguro que nestes días Toñi Vicente prefería que non se falase dela nin que fora be, pero a realidade é outra distinta.

Os medios de comunicación de toda España están informando sobre o caso e o único nome que transcende é o da cociñeira radicada en Compostela, nun xuízo previo que non so a está condenando senón tamén demonizando. Unha mágoa.

Pero a información xa traspasou as fronteiras españolas pouco vai tardar en ser mundial. Polo momento xa informan sobre o asunto nas súas edicións dixitais o International Herald Tribune de Nova York (Spain: 10 arrested for breaching scallop ban), New York Sun (Spanish Chef Arrested For Selling ‘Toxic Shellfish’), PR-Inside.com (Spain: 10 arrested for breaching scallop ban), typicallyspanish (Top Chef Toñi Vicente arrested) e o portugués Jornal de Noticias (Venda de vieiras contaminadas agita Galiza).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *