O caso das vieiras segue a escuras

O caso das vieiras avanza lentamente, como era de agardar, e achéganse novos datos que non sei se comezan a aclarar as cousas ou poñelas aínda máis revoltas.

Dende o comezo os medios de comunicación dixeron que Toñi Vicente fóra detida en Ferrol cando mercaba vieiras, pero hoxe Faro de Vigo asegura que se produciu “en el momento en que Toñi Vicente adquiría la mercancía, en su restaurante, a uno de los mariscadores implicados en la trama”.

Doutra banda as actuacións xudiciais seguen baixo segredo de sumario pero, segundo Faro de Vigo e El País o fiscal do caso xa fixo declaracións asegurando que Toñi mercou vieiras directamente aos mariscadores en tres ocasión. O prezo sería de 80 céntimos a unidade. Persoalmente poño as dúas informacións en corentena.

Por outra parte, seguimos agardando o comunicado que prometeron Toñi e o seu avogado, comunicado que canto máis tarde peor, especialmente despois de ter sido anunciado.

Polo que respecta a novos implicados, El Correo Gallego asegura que están imputados catro restaurantes “medios” (¿?) de Poio e Sanxenxo: Marlima I, Marlima II, Casa Ces e Casa Laura.

La Voz de Galicia é quen vai máis lonxe e detalla algúns aspectos da actuación xudicial e policial atribuíndo os datos a “fuentes que conocieron ayer el contenido de la investigación”. La Voz asegura que foi comisada vieira nos restaurantes Sexto e Sexto II, ambos en Santiago de Compostela, sen máis detalles. Non fai referencia aos restaurantes de Poio e Sanxenxo pero si da os nomes dos detidos que ingresaron na cadea e do responsable de Xanquei, en liberdade sen fianza, e que nega relación co caso.

O sumario semella ser xa un segredo medio desvelado.


3 thoughts on “O caso das vieiras segue a escuras

  • 09 de Setembro de 2008 at 09:33 09Tue, 09 Sep 2008 09:33:19 +000019.
    Permalink

    Ten que intentar escribir mellor. Non é “dijeron que Toñi Vicente fuera detenida en Ferrol cuando compraba vieiras”. É “dijeron que Toñi Vicente fue detenida en Ferrol cuando compraba vieiras”. E ata sería mellor “han dicho que Toñi Vicente fue detenida en Ferrol cuando compraba vieiras” pois está a falar dun feito do pasado recente. Non sabe o penoso que é ler un texto mal escrito, cando este ademais é interesante.

    Reply
  • 09 de Setembro de 2008 at 09:48 09Tue, 09 Sep 2008 09:48:36 +000036.
    Permalink

    Xoán, ten razón. Pero direille que a versión orixinal de Colineta é a galega, mentres esta versión en castelán é unha traducción da primeira, realizada con axuda do traductor OpenTrad e posteriromente corrixida por min. Resulta evidente (non é a primeira vez que me pasa) que non presto toda a atención debida á corrección.
    Polo que respecta ao pretérito perfecto, coincido con vostede en que sería mellor empregar o perfecto, pero na miña libertade creativa opto sempre polo impefecto, que para min é un sinal de identidade dos galegos. Como vostede sabe, o perfecto en Galicia case so o empregan os políticos cando falan en castelán, e habitualmente fano mal. Gracias polas súas precisóns, que faigo propias e corrixo de inmediato.

    Reply
  • 09 de Setembro de 2008 at 12:16 12Tue, 09 Sep 2008 12:16:46 +000046.
    Permalink

    Debates técnico-lingüisticos a parte a mi lo que me mata es que sigamos medio “a oscuras” desconociendo los nombres de los otros restauradores detenidos en la operación, sus identidades, su numero y en que locales cocinan.

    Porque da la sensación de que, simplemente, NO EXISTEN. Se han nombrado dos locales, que en realidad son el mismo, pero no las personas detenidas y ni siquiera tenemos la seguridad de si son o no son dos negocios que tengan algo que ver con la supuesta trama.

    Y mientras, cada vez, el olor ha montaje es mas profundo y ediondo…

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *