Desinformación e vieiras ¿cales son máis tóxicas?

De Colineta

Prohibicións que non son tal, redes de “traficantes”, estrelas michelín desaparecidas, a desinformación medra arredor do problema das vieiras ferrolanas, mentres continúa o segredo do sumario

O asunto das vieiras da ría de Ferrol vai traer cola e poden ser graves as consecuencias para o prestixio da cociña e da despensa galega, e máis nun mundo onde a información circula cunha facilidade e rapidez incrible, cousa certamente positiva pero cun efecto “colateral” indesexable: a desinformación e as falsedades teñen a mesma facilidade e rapidez.

Falase moito da pouca fiabilidade dunha boa parte da información que circula por internet e razón non lles falta aos que tal din. Pero non podemos esquecer que as edicións dixitais dos medios de comunicación tradicionais tamén están en internet… e ás veces tamén nelas hai datos errados.

Tal acontece hoxe mesmo na web de Antena 3, onde a información comeza dicindo que Toñi é a única cociñeira gallega que ten unha estrela michelín. Certo que foi a primeira en conseguila, pero en La Taberna de Rotilio e en Casa Pardo as cociñas tamén están gobernadas por mulleres (Manicha Domínguez e Ana Gago respectivamente).

Na web de Consumer Eroski podemos ler, en referencia á vieira galega, que “Desde hace una década no se consume esta especie, ya que puede causar problemas a los consumidores, desde una gastroenteritis hasta degenerar en Alzheimer a largo plazo”. En realidade é na ría de Ferrol onde leva unha década prohibida a comercialización da vieira. No resto de rías galegas non.

Tamén se está informando de que a normativa prohibe mariscar vieira nas rías galegas e vendela directamente, cando a realidade é que a normativa establece que a vieira das rías galegas debe ser procesada antes da súa saía ao mercado por empresas debidamente autorizadas, nas que se extraen toda a parte non comestible da vieira e se comproba que a parte comestible cumpre os requisitos establecidos. A diferencia entre un planteamento e outro é moi grande, xa que co que se está publicando moitos lectores van quedar so coa idea parcial de que a normativa prohibe mariscar vieira nas rías galegas. Na edición dixital de El Mundo caen neste erro. E non son os únicos.

En Directo al Paladar xa falan dunha suposta implicación nunha rede de “traficantes” (esta palabbra é miña) de vieiras. E ABC emprega o nome de Antonia Rodríguez Vicente. So falta engadir “alias Toñi Vicente”.

E mentres as actuacións xudiciais seguen baixo segredo de sumario, así que todo o que se publica haberá que miralo con lupa. Agardemos que o segredo se levante o antes posible e se faiga a luz sobre un asunto que pode facer moito dano a Galicia

5 thoughts on “Desinformación e vieiras ¿cales son máis tóxicas?

  • 08 de Setembro de 2008 at 14:00 02Mon, 08 Sep 2008 14:00:08 +000008.
    Permalink

    Cuando me he enterado de la noticia, hace un momento (tarde, pues) he acudido en primer lugar a los “blogastrónomos” gallegos porque sabía que me iban a contar el asunto mucho mejor que cualquier medio tradicional. Desde hace por lo menos dos años los blogueros somos cada vez más tradicionales, claro, pero visto lo visto (y leído lo leído), más creíbles.

    Gracias, pues, por tu información, tan puntual.

    Reply
  • 08 de Setembro de 2008 at 15:03 03Mon, 08 Sep 2008 15:03:24 +000024.
    Permalink

    Gracias por tus palabras, Manuel, pero he de aclarar que yo soy periodista desde hace 30 años y blogueiro desde hace menos de cuatro, así que mi “lado oscuro” es más fuerte que el otro. Pero me gustan las cosas claras, la información de primera mano y, ante la duda, un poco de sentido común y prudencia.
    Te recomiendo que visites también Capitulo O, donde Manolo Gago (también es periodista, lo aclaro por adelantado)dice verdades como puños.
    http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/09/07/un-mal-espertar/

    Reply
  • Pingback: Vieiras e chefs: seguintes pasos quentes — Capítulo 0

  • 08 de Setembro de 2008 at 21:16 09Mon, 08 Sep 2008 21:16:17 +000017.
    Permalink

    En cuanto a la prohibición de extracción y comercialización de la vieira gallega, no es como estás diciendo ni mucho menos.

    La prohibición de extracción afecta a todas las aguas de Galicia y no sólo a la ría de Ferrol. Sólo se permite su captura bajo un plan de explotación específico aprobado por la Consellería de Pesca y siempre que los niveles de biotoxinas alcancen un mínimo: a partir de ahí, y despues de un determinado proceso por parte de empresas debidamente autorizadas, donde se elimina el hepatopáncreas y se somete a controles exhaustivos antes de salir al mercado cada una de las piezas. Además estas van envasadas al vacío y debidamente etiquetadas. Pero no siempre se dan estas condiciones, por lo cual la mayor parte del año está prohibida su captura.

    Por tanto, cualquier persona que adquiera, a día de hoy, vieiras frescas sin factura de compra y sin estar debidamente etiquetadas, está comprando un producto sin ningún tipo de control sanitario con lo que ello conlleva para el consumidor.

    Reply
  • 08 de Setembro de 2008 at 21:32 09Mon, 08 Sep 2008 21:32:34 +000034.
    Permalink

    Sobre el tema de la cocinera Toñi Vicente.

    Si una cocinera o cocinero sabe que lo que manipula está contaminado o de dudosa procedencia, veo bien que se le “castigue” por jugar con la salud de los demás. Otra cosa es, que comprara las vieiras y desconociese si estaban afectadas, en este caso, bajo mi punto de vista no hay que echarle la culpa para nada, si no de quien o quienes lo sabían y aun así, las comercializaban. Muchos alimentos contaminados no se aprecian a simple vista antes de cocinarlos y es imposible de saberlo si no se cuentan con los medios previo examen en laboratorio.

    JOAN VILLARÓ
    http://www.joanvillaro.e.telefonica.net

    (Maestro cocinero)

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *