Sardiñas e pementos de Padrón, o prato do verán

De Colineta

As sardiñas e os pementos de Padrón son o Prato do Verán para a maioría dos cociñeiros galegos consultados por Arroz con chícharos (Cadena SER Galicia) e Colineta.

As últimas votacións corresponderon aos cociñeiros Pedro Roca, que próximamente abrirá restaurante en Santiago de Compostela, e Miguel Angel Campos, do restaurante Ferrolán A Gabeira.

Roca decántouse polas sardiñas con pementos de Padrón, mentres Campos afirmou rotundamente que o seu prato do verán son as sardiñas.

A enquisa, cun nivel de fiabilidade semellante á de Cerveceros de España e Coca-Cola (co engadido de que aquí poñemos nome e apelidos aos preguntados, que responde a través da radio) contradí os resultados desta última, que poñía ás sardiñas coma o prato menos apetecible para os españois no verán. Vese que en Galicia non preguntaron.

Os resultados finais son os seguintes:

Pementos de Padrón: 8 votos

Sardiñas: 7

Con tres votos están a tortilla, as xardas e o bonito.

Despois con dous votos veñen os filetes empanados, os mexillóns ao vapor, as ensaladas e os produtos da horta.

Pechan a lista, cun voto en cada caso, os escabeches, barbacoa, sopa de fiúncho, ensaladilla, pastel de arroz e lagostinos, amorotes silvestres, amoras, tartar, caldo de fabas, fabas tenras con ameixas e gazpacho.


5 thoughts on “Sardiñas e pementos de Padrón, o prato do verán

  • 03 de Setembro de 2008 at 12:03 12Wed, 03 Sep 2008 12:03:18 +000018.
    Permalink

    Coincido en que la fiabilidad de esta encuesta es similar (para mi mas bien superior) a la de cocacola y Cerveceros.

    Me has dejado intrigado con el próximo proyecto compostelano de Pedro Roca porque no pude oir el programa este Domingo ¿se sabe algo mas?,¿que linea va a seguir, donde lo va a ubicar?

    Reply
  • 03 de Setembro de 2008 at 12:21 12Wed, 03 Sep 2008 12:21:26 +000026.
    Permalink

    El restaurante de Pedro Roca está actualmente en obras y su intención sería abrir en este mes, pero de momento no le puso fecha porque depende de que le terminen las obras, cosa que va más lenta de lo que el quisiera. Estará en la zona de Galeras, en los edificios construídos en el solar del antiguo Hospital Xeral. Sobre la línea que va a seguir entiendo que será la que Pedro siguió durante años en el restaurante del Araguaney.
    Gracias por la confianza en mi encuesta.

    Reply
  • 03 de Setembro de 2008 at 12:45 12Wed, 03 Sep 2008 12:45:15 +000015.
    Permalink

    Jejeje, no hay de que…
    Esta ubicación coloca el eje de lo gastronómico en esa calle y me parece fantástico, máxime despues del “palo” que supuso en su día para la zona la desaparición del Hospital.

    Acio, Mercadito, Pedro Roca y a unas decenas de metros Marcelo…. Ahora si valía la pena aquel pisito en el Carmen de Abaixo jeje

    Reply
  • 03 de Setembro de 2008 at 14:22 02Wed, 03 Sep 2008 14:22:26 +000026.
    Permalink

    Si coco-cola y cerveceros emplearan la mitad de tiempo que tú en la encuesta, otro gallo cantaría. Respecto al resultado final, mi ensaladilla se ah quedado con un voto (el mío). El año que viene me autovoto 🙂

    Reply
  • 04 de Setembro de 2008 at 09:24 09Thu, 04 Sep 2008 09:24:03 +000003.
    Permalink

    No ha quedado mal la tortilla…un poco decepcionado por los filetes empanados….
    Para el próximo verano lo prapararé como “Phelps” e intentaré ir a por las tres medallas…..

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *