Festival de Canción Gastronómica

Rematou agosto e a busca do Prato do Verán, que resultou ser a combinación de sardiñas con pementos de Padrón. E se combinamos o prato do verán coa música ¿que resulta?: pois o Festival Internacional da Canción Gastronómica, que comeza con este post. Acéptanse todo tipo de propostas nos comentarios.

Comezamos esta viaxe músico-culinaria cun dos grandes clásicos da poesía española (Luís de Góngora), musicado por outro non menos clásico cantautor español (Paco Ibáñez). Vai, logo, este Y ríase la gente.

A canción gastronómica non é cousa dun país nin dun tempo determinado. Escoitamos un poema de finais do século XVI musicado no século XX e de seguido imos escoitar unha canción composta na primeira metade do século XX por Francisco Repilado Muñoz, pero que a todos lles soará por una recente adaptación de Lolita. Verán que no tema orixinal falase dun “ñame con bacallau” e non de “arroz con bacallau”. Cantan Los Compadres, dúo formado por Lorenzo Hierrezuelo e Francisco Repilado, Compay Primo e Compay Segundo, tal como os bautizou o presentador radiofónico Germán Pinelli.

E para rematar por hoxe, un tema que nos fartamos a cantar na época da transición, cando saiamos dos concertos de Quilapayún baixo a mirada atenta e abertamente hostil dos grises.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *