Terra de pementos

Galicia é terra de pementos moi variados inda que o gran público se limite a coñecer os de Padrón e ter escoitado falar dos de Arnoia. Pero hai máis.

Os pementos do Couto, cultivados nos municipios da zona de Ferrol, son similares aos de Padrón, pero coa particularidade de que ningunha pica. Na actualidade hai dúas hectáreas e media de invernadoiros dedicados á súa produción.

Os pementos de Oimbra, doces, de tipo italiano e moi carnosos, cultívanse en todo o val de Monterrey (Ourense), sobre unha superficie de 28 hectáreas e unha produción que supera 1,1 millón de quilos segundo os datos da Consellería de Medio Rural.

Tamén en Ourense cultívase o pemento de Arnoia, aínda que basicamente dedicado ao autoconsumo. Similar a este é o pemento branco do Rosal (Pontevedra), doce, alargado e carnoso, con catro hectáreas de invernadoiros dedicados ao seu cultivo e rendementos de entre 6,5 e 7 quilos por metro cadrado.

O pemento de Mougán, orixinario do municipio lucense de Guntín, é parecido ao de Padrón, aínda que máis grande. Ten a peculiaridade de que cando son pequenos non pican, pero a partir dun certo tamaño fano todos.

Galicia conta ademais con outras variedades propias pouco estendidas, como os pementos de Piñeira (Ribadeo, Lugo), os de Punxín (Ourense) e os morrones de Cambados (Pontevedra).

Os da foto son pementos de Mougán, cultivados no concello lugués de Guntín e comercializados case en exclusiva na zona de produción e en Lugo capital. Algúns chegan a Barcelona, pero no resto de Galicia non se atopan.

A peculiaridade destes pementos, verdes, carnosos, é que mentres son pequenos como os da foto non pica ningún, pero en canto chegan a un certo tamaño, coma o do medio da foto, pican todos. Así que xa se comercializan separados e pódense mercar doces ou picantes. Teñen festa o 30 de agosto


5 thoughts on “Terra de pementos

  • 01 de Setembro de 2008 at 01:15 01Mon, 01 Sep 2008 01:15:39 +000039.
    Permalink

    Joder amigo, sabes la hostia y lo que no está escrito (perdón por la expresión). De los de piñera respondo yo por ellos personalmente, si es que nos referimos a los mismos, que creo que sí.

    Reply
  • 01 de Setembro de 2008 at 08:20 08Mon, 01 Sep 2008 08:20:51 +000051.
    Permalink

    Si Tony, nos referimos a los pimientos de Piñera (Ribadeo), que de momento solo pueden verse por esa zona aunque esperemos que su cultivo vaya a más.

    Reply
  • 02 de Setembro de 2008 at 12:08 12Tue, 02 Sep 2008 12:08:16 +000016.
    Permalink

    Supoño que serán de Piñeira

    Reply
  • 02 de Setembro de 2008 at 16:07 04Tue, 02 Sep 2008 16:07:56 +000056.
    Permalink

    Tes toda a razón do mundo, amigo Xavier. Acabo de consultar a toponimia do concello de Ribadeo e a parroquia é PiñeIra (San Xoán), así que xa o correxín no texto.

    Reply
  • Pingback:Pimientos de Padrón – Sin Objetivo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *