Primeiro a cervexa, agora a cocacola

Din os de Coca-Cola que as sardiñas están entre os alimentos que menos apetecen aos españois no verán. Volven as risas

Pois agora van os de Coca Cola e sacan á luz os resultados dun estudo, Comer e beber no verán, do que eu non escoitara falar en anos anteriores, polo que non sei se é novo ou non. Igual viron que a Cerveceros de España lles funciona estupendamente o seu, que realizan dende hai anos, e se apuntaron ao carro, co que, se a idea se estende, en pouco tempo pode suceder que tódalas semanas do verán teñamos datos novos do que prefieren os españois: cervexa con gambas, cocacola con tortilla, albariño con cangrexo real noruego ou mirinda con cacaueses.

Como hai que aforrar, que estamos en tempos de crise, os da multinacional norteamericana fixeron aínda menos enquisas que os da cervexa. Neste caso foron 1.400, polo que en Galicia foron menos de cen, se aplicamos a proporción que supoñemos sobre o total de poboación española.

Os resultados podedes miralos en El Correo Gallego, pero imaxino que andarán en máis xornais, demostrando a espléndida capacidade crítica de redactores e responsables dos nosos medios de comunicación. Ollo cos ataques de risa que son moi contaxiosos.


One thought on “Primeiro a cervexa, agora a cocacola

  • 28 de Agosto de 2008 at 17:58 05Thu, 28 Aug 2008 17:58:44 +000044.
    Permalink

    De Risa …

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *