Festa do Requeixo na Capela

Requeixo, concurso de postres e música é a oferta da Festa do Requeixo que ten lugar na Capela a finais de agosto

A Festa do Requeixo, que cada mes de agosto se celebra no concello coruñés de A Capela, chega este ano á súa edición número 20 coa incorporación ao seu programa da primeira edición do Festival Rockeixo, que contará cun concurso de maquetas e a actuación de Sweet Oblibion Band. Será o sábado 30 de agosto.

O día anterior (venres 29) celebrarase o tradicional concurso de postres e o domingo haberá requeixo para tódolos asistentes á festa, repartíndose o produto a partir das 12 do mediodía. Durante toda a maña haberá exposicións de maquinaria e artesanía. Pola tarde actuarán o Obradorio de Cultura Tradicional Ultreia e o grupo Balandraka, rematando a festa coa actuación de Berrogüetto.


One thought on “Festa do Requeixo na Capela

  • 21 de Novembro de 2010 at 00:44 12Sun, 21 Nov 2010 00:44:49 +000049.
    Permalink

    Como puedo hacerme con la receta del requeixo. Estuve destinada en As Pontes durante 3 años, y mi aficción me viene de ahí. Antes nunca lo había probado. Sería estupendo poder elaborarlo aquí en Santiago.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *