No Oleirón

Nos montes do Oleirón (Brión) entre cabalos, penas e arañasEn los montes de Oleirón (Brión) entre caballos, peñas y arañas

Hai uns días levei á familia ata o pico mesmo do Cadramón, o máis alto do norte da provincia de Lugo (1.056 metros de altitude), inda que a gloria a leve o do Xistral (1.032 metros de altitude) que da nome á serra. Sería de Muras o xeógrafo que puxo os nomes no mapa…

O caso é que volvo á miña casa en Brión e miro aquela altura na que nunca estiven e decido buscar a maneira de chegar acolá. Non vou presumir agora de capacidade de orientación, pero a primeira idea foi a boa, mellor aínda do que pensaba xa que atopei unha estrada asfaltada que me deixou a escasos douscentos metros do pico de Santa Cecía (495 metros) que coroa os Montes do Oleirón, no mesmo límite entre os concellos de Brión e Rois. Atopei un lugar que me lembra, e moito, ao Cadramón: monte raso, toxos, rañas, cabalos salvaxes… e unhas vistas de impresión. Alí o demo podería tentar facilmente a uns cantos aspirantes a alcalde xa que as vistas van dende Padrón ata Negreira, pasando por Milladorio, Santiago de Compostela, Bertamiráns e Brión. Na outra vertente Rois, Lousame e deus sabe canto máis. So falta divisar o mar, como dende o Cadramón.

Neno, vese que o ar fresco che debeu sentar mal, que este é un blog gastronómico e non xeográfico nin de viaxes.

– Pois ten boa razón vostede, pero de algunha maneira teño que buscar eu a forma de traer aquí as fotos que fixen alí.

Ao baixar do monte, e dado que estaba máis preto de Urdilde que da casa, decidín comer en Curtiñas, esa casa de comidas caseiras da que xa teño escrito aquí. Primeiro tres sardiñas asadas na prancha, absolutamente deliciosas. Despois un churrasco ao forno, que en realidade é costela de tenreira asada no forno. Impresionante a costela e as patacas fritidas do acompañamento. Como é de ritual en Galicia, a gornición da carne completábase cun pemento vermello tamén frito. Cunha cervexa, un café e as boas tardes paguei 13 euros.

¿Qué, xa se convirteu esto nun post gastronómico?.

Aproveito a ocasión para recomendar unha nova visita ao Octopus fragensis, onde hai importantes novidades


3 thoughts on “No Oleirón

  • 10 de Novembro de 2008 at 14:59 02Mon, 10 Nov 2008 14:59:39 +000039.
    Permalink

    Pois si que se ve o mar dende o Oleirón. Pouquiño, xa que os montes da Muralla tápano moito, pero vese. 3
    Concretamente dende a caseta dos forestais vese un cachiño de Vilagarcía e a Illa de Cortegada. E dende os chans onde está o vértice xeodésico vese un cachiño da ría de Noia.
    Iso si, ten que estar o día claro…
    Un saúdo dun habitual deses montes.

    Reply
  • 10 de Novembro de 2008 at 16:30 04Mon, 10 Nov 2008 16:30:02 +000002.
    Permalink

    Gracias, Moncho, polas túas precisións e a ver se un día nos atopamos por aló arriba. Supoño que o que chamas casetas dos forestais é unha que está preto do vértice xeodésico e ten varias antenas. Sempre me preguntei a que se debía esa construción.

    Reply
  • 11 de Novembro de 2008 at 10:23 10Tue, 11 Nov 2008 10:23:48 +000048.
    Permalink

    Pois esa mesma é. Chámolle eu dos forestais porque penso que é unha caseta de vixilancia, pero sempre a vin pechada…
    A min o Oleirón encántame, sobre todo polo agreste que é. Ten centos de pistas e camiños, algúns cun desnivel tan impresionante que fan pensar como a alguén se lle ocurre facer un camiño por alí.
    Pola ladeira de Urdilde hai unhas casas abandonadas que eran a antiga aldea de Abelendo, onde tan só vivían dous veciños que se levaban a matar entre eles… O que me queda por atopar é a ubicación das ruínas dunha capela que por alí había e que chamaban de Santa Cecía: vounos explorando pouco a pouco, pero nunca acabo de coñecelos de todo…

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *