Octopus fragensis (var. Lerias)

Non tódolos días pode un pobar o “polbo das fragas”. O 22 de agosto no Valadouro si

Que o Valadouro é un país máxico non o pode negan ninguén. Ata ao meu amigo Manolo, experto en toxos e pedras, que parece nome de orfeón pero non o é, lle escintilan os ollos de maneira especial cando fala dunha terra na que viu marabillas.

A maxia verase reforzada o 22 de agosto cando o mundo enteiro descubra como os polbos medran pendurados das árbores da Fraga das Lerias, un dos recunchos naturais más apaixonantes daquela terra, pero tamén máis descoñecido. Todos falan dela, pero poucos a visitaron, inda que a concelleira de Cultura, alcaldesa in pectore noutro tempo, ande empeñada en levar alí ata aos xaponeses.

Mira rapaz, déixate de lerias e aclara iso do polbo das Lerias

– Tranquila señora, que para todo hai tempo.

E como os que saben da cousa din que nos blogs hai que escribir para un mesmo, eu continúo coa miña leria sen atender as demandas das lectoras impacientes.

Non cito aos xaponeses en balde. Nun tempo remoto o primeiro frigorífico que chegou ao Valadouro enchufouse na Casa de Raña, Hostal Asturias de nome oficial, onde residía Laureano en condición de copropietario. Invalido dunha perna e libre de toda ocupación laboral, Laureano era coñecido pola súa capacidade de traficar en chismes e novas, así como pola de contar trolas. Así que a chegada do frigorífico ao Raña provocou, segundo el, a chegada de curiosos de toda a comarca a bordo das rubias que entón eran o transporte público máis común da época. En memoria de Laureano, que era un tipo simpático (¿Cándo chegaches, cando te vas? era o seu saúdo a todo emigrante que atopaba pola vila), eu sigo empregando a súa mesma afirmación esaxerada cando se produce un acontecemento extraordinario, inda que a modernizo: agora son autobuses de xaponeses os que chegan ver a novidade.

E do polbo ¿que?

– Pois xa ven o asunto, muller

Non sei cantos, pero asegúrolles que o 22 de agosto os xaponeses chegan ao Valadouro para probar o polbo das fragas, que é un animal ata o de agora descoñecido polo mundo adiante: o Octopus fragensis (var. Lerias). Polo que conta o xornal vanse cociñar 1.300 racións á feira, á prancha e en vinagreta, que se repartirán de balde. Pan e viño haberá que pagalo.

Organiza a festa a asociación cultural Fraga das Lerias, parece que coa colaboración do Concello do Valadouro, ambos moi interesados na promoción dos produtos gastronómicos propios da zona. Como se pode ler nos Contos do Valadouro, un libro no que Manuel Lourenzo, Xesús Pisón e Isaac Ferreira recompilaron centos de contos referidos polos veciños do concello, “Sempre se dixo que O Valadouro fora un mar. Un día, no lugar que chaman A Rabia, o mar rebentou un contén que alí había e marchou rabeando do Valadouro”. O Octopus fragensis ven confirmar a crenza popular.

Esquecíame dicir que a exaltación do polbo no Valadouro vai ser a enésima deste verán na Mariña. Imaxino que en tódolos casos, como neste de Ferreira, apoiada pola delegación provincial da Consellería de Pesca.

E agora chegan as preguntas: ¿canto polbo se pesca en Lugo?, ¿de que caladoiros procede o que se coceu en tódalas exaltacións deste verán?, ¿non poderían a asociación Fraga das Lerias e o Concello do Valadouro promocionar un produto propio do val, que os hai e moi interesantes?.

E a máis fodida de todas: ¿hai algunha afinidade política entre os representantes da asociación e os da consellería?.

ÚLTIMA HORA

O noso colaborador Filomeno Petisuis, natural do Cadramón, remítenos un documento fotográfico inédito: a imaxe do Octopus fragensis loitando pola súa comida.

Como ben é sabido, nas fragas galegas aínda non se dan as nécoras, polo que o polbo das fragas se converteu en vexetariano. Na instantánea podemos ver un exemplar de polbo a piques de dar boa conta dunha pera urraca, sempre que o seu competidor natural, o congro en salsa verde (Conger verdescente) non se lle adiante na acción predadora. As pelexas entre polbos e congros das fragas son frecuentes, e os seus resultados pódense apreciar no ollo dereito deste exemplar de octopus.

13 thoughts on “Octopus fragensis (var. Lerias)

  • 22 de Agosto de 2008 at 09:30 09Fri, 22 Aug 2008 09:30:11 +000011.
    Permalink

    Precisamente este pasado fin de semana, en una comida familiar en Barreiros, dsicutíamos sobre el origen del pulpo en los locales de este país. Siempre hay los incondicionales que creen que el pulpo de las casetas del San Froilán es de la costa de Lugo o de “A Costa da Morte”….Ilusos, mejor mirar para Mauritania…

    Reply
  • 25 de Agosto de 2008 at 01:23 01Mon, 25 Aug 2008 01:23:40 +000040.
    Permalink

    O mellor e que fixeron un sorteo dun xamon de TERUEL, sera que no valadouro non hai bos xamons

    Reply
  • 25 de Agosto de 2008 at 08:15 08Mon, 25 Aug 2008 08:15:10 +000010.
    Permalink

    Xa o entendo: trátase dunha festa de interese turístico internacional.

    Reply
  • Pingback: Colineta » Blog Archive » No Oleirón

  • 25 de Agosto de 2008 at 15:36 03Mon, 25 Aug 2008 15:36:01 +000001.
    Permalink

    Ola Miguel, atinados comentarios. Se existe unha conexión entre os promotores da pulpada e a Consellaría de Pesca supoño que é unha pregunta retórica… Como esperto en cuestións gastronómicas, non che parece que O Valadouro podería ter unha festa gastronómica dun produto propio? Xa sei que hai moitísimas festas deste tipo, pero o noso val precisa de iniciativas que lle dean pulo. Unha festa deste tipo sería do máis interesante.

    Reply
  • 25 de Agosto de 2008 at 19:17 07Mon, 25 Aug 2008 19:17:42 +000042.
    Permalink

    Efectivamente, Prudencio, O Valadouro podería ter unha festa gastronómica propia, que ademáis cubriría o déficit festeiro de Ferreira en agosto. Sobre o tema xa teño falado coa única persoa do grupo municipal de goberno que parece ter folgos para facer algo e xa se verá se son capaces de levalo a cabo. En realidade a primeira festa gastronómica que eu vin na miña vida foi en Ferreira, a sardiñada do 10 de setembro coa que sempre acababan as Festas do Oito.
    Pero produto propio hai de sobra: pastelón, lacón mechado, callos de porco… o que falta é iniciativa, que ten que partir ou do Concello ou das asociacións e residentes no val. Os que estamos fóra imos colaborar con todo o que poidamos, como temos demostrado este mesmo ano coa campaña de turismo que se presentou o 15 de agosto.

    Reply
  • 18 de Setembro de 2008 at 22:13 10Thu, 18 Sep 2008 22:13:40 +000040.
    Permalink

    Queridisimos e iluminados “blogueiros”

    Vexo que se vos da mui ben practicar un deporte moi arraigado no valadouro o de criticar ao que fai algo e non facer nada,non obstante,vos que sodes xente de amplia cultura,dende a miña modestia,vouvos facer un par de percepcións para que non sigades metendo a pata escandalosamente:
    -O polbo era da pedra,fácil de comprobar si fostedes comelo,polo seu tamaño
    -A xornada era de exaltación do producto baixo a denominacion “Pescaderrías” íase facer unha na comarca da mariña y o delegado de pesca: O Sr. José Ramón Val,tuvo a deferencia de organizala no valadouro.Se vos parece mal,as seguintes que se realizen en outro lugar mariñense
    -O viño era un Ribeiro de Chantada,e o pan de Purita de Chao(Panadería Méndez)
    -Calculamos que houbo mais de 2000 persoas visitandonos aquel dia
    Pra rematar,dúas consideracións:
    -Con diferencia,foi a mellor que se fixo nos ultimos 20 anos xa que,non houbo ningunha,vostede como “experto en gastronomia” deberia sabelo.
    -Cuestionar as actuacions de quen sexa en función da sua ideoloxia,chámase fascismo.
    -Estou un pouco farto dos “Salvadores da Patria” que veñen de 15 de xullo a 15 de agosto,outros estámola salvando todo-los dias vivindo aqui,traballando aqui e pagando os nosos impostos no Concello do Valadouro

    Despídome animandovos a que o seguinte agosto de 2009,fagades unhas xornadas de exaltacion similares con productos xenuinamente Valadourenses

    ¡A que nos tedes ben postos!

    Bicos

    A Pulpa da Fraga

    Reply
  • 19 de Setembro de 2008 at 00:06 12Fri, 19 Sep 2008 00:06:32 +000032.
    Permalink

    O que se pica…

    Reply
  • 19 de Setembro de 2008 at 16:48 04Fri, 19 Sep 2008 16:48:28 +000028.
    Permalink

    o que se pica…
    allos come Sr.Colineta
    e a Vd. estanlle sentando peor que ao Conde Drácula

    Reply
  • 19 de Setembro de 2008 at 19:50 07Fri, 19 Sep 2008 19:50:05 +000005.
    Permalink

    Lamento dicirlle, Sr/Sra. A Pulpa, que non vou entrar en polémica con alguén que se esconde no anonimato no canto de dar a cara.

    Reply
  • 19 de Setembro de 2008 at 21:06 09Fri, 19 Sep 2008 21:06:42 +000042.
    Permalink

    Como nos ten recordado moitas veces un dos nosos mais aprezados filósofos, para os que moran fora e retornan de verán, vale mais o que levan no maletero que eles mesmos, un bico e un saludo agarimoso.

    Reply
  • 19 de Setembro de 2008 at 23:20 11Fri, 19 Sep 2008 23:20:10 +000010.
    Permalink

    Do Valadouro, tal vez no che explicaron que insultar é cousa de mala educación e facelo dende o anonimato cousa de covardes.

    Reply
  • 22 de Setembro de 2008 at 09:17 09Mon, 22 Sep 2008 09:17:37 +000037.
    Permalink

    Chámanme poderosamente a atención algúns comentarios. Que significa iso de “xente de ampla cultura”? Home, non hai que ter medo dos intelectuais, como tiña o ditador Franco, vese que algúns malia cambiar o tempo e o partido aínda seguen respirando igual. A crítica pública, cando se exerce baixo nome e apelidos, non é fascismo; non aceptala e tentar suprimila si que o é. Se tan valentes son identifíquense, ou e que gustan máis da nocturnidade? Por outra parte, a frase final de “A Pulpa” descualifica a quen a fai. Iso si que era moi propio dos falanxistas! (que por certo tamén fuxian da cultura como da sarna). Por certo, avísenme cando repartar os pasaportes de quen é e quen non é do Valadouro, aínda que non creo que mo dean. Algúns vano ter moi difícil para mandar na Feira Nova!

    Reply

Deixa una resposta a Do Valadouro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *