O prato do verán II
Seguimos buscando o prato do verán, coas sardiñas e os pementos de Padrón en posición destacada
Seguimos buscando o prato do verán. No último programa de Arroz con chÃcharos (Cadena SER Galicia), falamos sobre el asunto con varias persoas e parece que os pementos de Padrón e as sardiñas van collendo vantaxe.
Tucho Calvo, responsable do club de viños Acios declarouse un entusiasta das ensaladas estivais e das xoubas con cachelos, xoubas e cachelos que tamén están entre as preferencias de Milagros González, de A Pementeira (Padrón), ademais, claro está, dos pementos de Padrón.
Os pementos que pican ou non tamén están entre as preferencias de Héctor López, do restaurante España, que se entusiasma co prato de xarda con pilpil de limón e berberechos que esta tempada serven no seu restaurante.
Flavio Morganti (restaurante Galileo), decántase polo escabeches, as ensaladas e os produtos asados na grella.
Finalmente, Marcelo Tejedor asegurou que no verán tamén hai sitio para os pratos quentes e propuxo unha sopa de fiúncho con berberechos.
Asà que sumando os resultados da semana anterior e as opinións dos lectores de Colineta a cousa está asÃ:
Pementos de Padrón: 7 votos
Sardiñas: 6
Tortilla: 3
Despois con dous votos veñen as ensaladas, os filetes empanados e os produtos da horta.
Pechan a lista, cun voto en cada caso, os escabeches, xarda, barbacoa, sopa de fiúncho, bonito, ensaladilla, pastel de arroz e lagostinos, amorotes silvestres, amoras, tartar e caldo de fabas.
E ti ¿non tes nada que dicir?
uns mexillóns ao vapor (paradóxicamente) parécenme moi refrescantes
No me puedo creer que la toritlla de patata sólo tenga 3 votos :-(…y uno sólo los filetes empanados :-(((….
Lástima 🙂
AnÃmate, sampedro, que los filetes empanados tienen dos votos 🙂
Eso Sampedro, no te quejes, que la ensaladilla un voto nada más!
Pingback:Colineta » Blog Archive » O prato do verán (III)