Acios, clube de viños galegos

Ao abeiro do club de lectores Biblos nace Acios para os amantes dos viños galegos

Acios. Clube de viños, é un club de viños, como indica o seu propio nome, pero tamén unha revista editada polo club de lectores Biblos, a cuxa cabeza se atopa Tucho Calvo.

Digo que Acios é unha revista porque, ao revés do que resulta habitual neste tipo de clubs, non se trata simplemente dun catálogo dos produtos que se poden adquirir a través do mesmo, senón que inclúe reportaxes, artigos e información. En concreto o número 1, correspondente aos meses de xullo e agosto, inclúe unha reportaxe sobre vellas viñedos galegos e variedades autóctonas (As doces avoas dos viñedos galegos) e un artigo de Luis Moya (Sonata de primavera).

O catálogo de produto tampouco é o convencional: cada viño que se ofrece ocupa dúas páxinas, con información sobre o propio viño, a adega e a denominación de orixe á que pertence. Neste primeiro número os protagonistas son Pazo de Monterrey (D.O. Monterrei); Valtea (D.O. Rías Baixas), Algueira (D.O. Ribeira Sacra), Sameirás (D.O. Ribeiro), A Coroa (D.O. Valdeorras) e as augardentes da adega Viña Blanca del Salnés.

A subscrición á revista é gratuíta e non existe obriga de compra. Os interesados poden dirixirse a acios@acios.es

O asesoramento enolóxico do club corre por conta de Luís Paadín, presidente da Asociación Galega de Catadores.


3 thoughts on “Acios, clube de viños galegos

  • 08 de Agosto de 2008 at 21:07 09Fri, 08 Aug 2008 21:07:00 +000000.
    Permalink

    Suscripción gratuita ? no cobran ni los gastos de envío ni la manipulación de la revista ? Interesante iniciativa.

    Reply
  • 10 de Agosto de 2008 at 21:25 09Sun, 10 Aug 2008 21:25:26 +000026.
    Permalink

    Pues si, gratuita. Según me explicó su promotor, Tucho Calvo, en Arroz con Chicharos (Cadena SER Galicia), la revista la mandan gratuitamente y solamente rescindirán la suscripción de quien, pasado cierto tiempo, no haya hecho ninguna compra.

    Reply
  • Pingback:Colineta » Blog Archive » El plato del verano II

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *