E se suben os limóns, bo e qué

Non é a dos limóns a subida que máis debe preocuparnos, salvo se nos dedicamos á produción de granizado…

Sube la bolsa, baja el pesacado, dicían Tip y Col e todos ríamos a gusto. Agora non, que non están as cousas para moitas risas, pero as gañas de rir si que me veñen de cando en vez.

Hoxe os xornais e onte as radios e televisións están cheos de limóns. Máis ben do que subiron de prezo estes cítricos, que xa van por máis do 64 por cento e ascendendo.

Pero o certo é que a min o que me preocupa é o que sube o euribor, o IPC no seu conxunto, o pan, as patacas, a carne, o polo, as verduras, o peixe e ata as froitas. Os limóns, así, sen máis, preocúpanme máis ben menos.

Porque, imos a ver. ¿Quen se alimenta de limóns?. O limón é imprescindible na cociña pero empregamos cantidades tan pequenas que o seu prezo ven a preocuparnos o mesmo que o do azafrán. Claro que mentres falamos de limóns, pura anécdota, esquecemos o resto.

Y en nun par de días chegan as olimpíadas que nos han ter ocupados un tempiño.


4 thoughts on “E se suben os limóns, bo e qué

  • 06 de Agosto de 2008 at 13:33 01Wed, 06 Aug 2008 13:33:53 +000053.
    Permalink

    ¿Entendín ben a túa ironía?
    Sexa coma sexa, tomémolo coma un indicador…. do que suben ou subirán outras cousas.

    Reply
  • 06 de Agosto de 2008 at 16:20 04Wed, 06 Aug 2008 16:20:28 +000028.
    Permalink

    A mi lo que realmente me preocupa es que no suban los precios proporcionalmenete.

    Reply
  • 06 de Agosto de 2008 at 23:20 11Wed, 06 Aug 2008 23:20:27 +000027.
    Permalink

    A mí lo que realmente me preocupa es que no suban los sueldos proporcionalmenete a los precios. Esto es lo que quería decir en mi anterior comentario, que lo acabo de leer y no lo entendía ni yo.

    Reply
  • 07 de Agosto de 2008 at 13:49 01Thu, 07 Aug 2008 13:49:09 +000009.
    Permalink

    Hay que me ter miedo Miguel y vale cualquier cosa, hasta ese grupo Vigues… (ejem, ya me callo ya)

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *