Uns pican e outros… tampouco

Investigadores galegos atoparon unha variedade de pementos de Padrón exclusivamente doces. ¿E a quen lle interesa que non pique ningún?

A gracia dos pementos de Padrón é que uns piquen e outros non, como fala o dito. Se no prato non hai ningún picante a cousa xa non ten tanta gracia. Tamén é certo que se que todos pican a rabiar non son o mellor que hai, inda que é bastante habitual que os rabiosos sexan os procedentes de fóra da zona de produción da futura denominación de orixe Pemento de Herbón.

Así que non vexo o porque da investigación realizada por técnicos de Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e o Centro de Formación e Experimentación Agraria de Salceda de Caselas, dependentes da consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, que levou ao achado dunha variedade que non pica, a Entenza. O certo e que para iso xa estaban os pementos do Couto.

¿Non tería sido mellor buscar unha variedade en que os picantes non sexan rabiosos?

Contan que tamén buscan pementos de Mougán que non piquen, cando a gracia dos mesmos é saber que ata un certo momento non pica ningún e a partir de certo estadío pican todos.

No momento actual penso que os produtores de pementos de Herbón teñen problemas moito máis graves que o dos picantes, que eles coñecen ben e poden seleccionar. A presenza masiva de pementos da variedade Padrón procedentes doutras zonas de Galicia, fundamentalmente do Salnés, e de fóra da nosa terra (Almería, Murcia, Marrocos…) é un gran problema para Herbón, o mesmo que a enorme diferenza de prezos entre uns e outros: esta mañá na praza de abastos de Santiago de Compostela os lexítimos pementos de Herbón estaban a 2,50 euros a bolsa (aproximadamente 400 gramos), mentres en calquera supermercado se poden atopar imitacións dende 90 céntimos.

O primeiro que precisan os pementeiros de Herbón é un traballo que demostre que para a pena rascar un pouco o peto e mercar os seus, porque nos tempos de crise que corren…

ACTUALIZACIÓN (6-08-08, 08:39 horas): No he vuelto a Galicia Gastronómica. Todo se reduce a una coincidencia, aunque yo lo vi primero (este post se publicó el 5-08-08 a las 16:33 horas)


4 thoughts on “Uns pican e outros… tampouco

  • 06 de Agosto de 2008 at 00:39 12Wed, 06 Aug 2008 00:39:11 +000011.
    Permalink

    La gracia es que alguno te abrase y cuando estas en compañía de unos amigo ver a quien le toca y echarte unas risas. Buena idea es la que tu comentas, que picaran un poco. Pero tenía que ser obligatorio que fueran dos o tres por bolsas de los rabiosos.

    Reply
  • 06 de Agosto de 2008 at 11:22 11Wed, 06 Aug 2008 11:22:21 +000021.
    Permalink

    Nista época do ano os pimentos de Padrón son un dos aperitivos que máis gostan na miña familia. Temos costume de facelos acotío e tamén de pedilos nas nosas saidas culinarias. Somos conscentes de que poucas veces estamos a probar os verdadeiros pimentos de Padrón. Cando temos oportunidade de pasar por Padrón, paramos e mercámoslle ás paisanas que estan a vender nas rúas do pobo. Elas, sen consello de técnico investigador algún, saben cales pican e cales non. E son quen de vender bolsas específicas duns ou doutros en función do interese do cliente.
    Persoalmente prefiro os que non pican, pero xa sabedes que pra gostos píntanse as cores. Un xeito de garantir a procedencia do pimento de Padrón, e mercar soio os que veñan baixo a marca “PIMHERBÓN”. Ista é a cooperativa que comercializa os xenuinos pimentos de Padrón, e teño entendido que entre o 80 e 90 por cento da súa producción vai dirixida a hostalaría da comarca de Santiago. Pouco queda para os que imos ó mercado.
    Saúde e amodiño.
    VentoMadeira

    Reply
  • 15 de Agosto de 2008 at 14:21 02Fri, 15 Aug 2008 14:21:00 +000000.
    Permalink

    Los pimientos no son para hacer gracia, sino para disfrutar con su sabor. A mi me gustan los que no pican. Si quisieran los que pican, comería guindillas. Así es que me parece muy bien que haya variedades de pimientos que no piquen, y los que disfrutan con la incertidumbre de que haya alguno picante, pues que coman otras variedades. Para gustos…

    Reply
  • 18 de Agosto de 2008 at 00:22 12Mon, 18 Aug 2008 00:22:39 +000039.
    Permalink

    Los pimientos de Padrón, Carlos, siempre llevaron por medio alguno picante. Siguiendo tu mismo razonamiento habría que decir que quien no quiera que piquen que coma otra variedad, como por ejemplo los de O Couto, que no pica ninguno.

    Reply

Deixa una resposta a VentoMadeira Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *