¿Cal é o teu prato do verán?

Mentres uns buscan sombra e outros a canción do verán, Colineta e Arroz con Chícharos andamos á percura do Prato do Verán

¿Ensalada ou ensaladilla?, ¿torta ou tortilla?, ¿empanada ou empanadilla? ¿xoubas con pementos?, ¿polbo á feira?.

– ¿E logo cando me toca preguntar a min?

– Pois acaba de facelo, señora. E xa que anda por aquí dígame ¿cal é para vostede o prato do verán?.

Os pratos do comezo son moi galegos e moi do verán, inda que tamén o poden ser de inverno. E chegados de fóra temos gazpachos e sopas frías variadas, que non teñen tanto predicamento en Galicia como noutras zonas do país, seguramente porque aquí estamos acostumados a que a sopa se sirve quente, ben quente.

Prato de verán, polo menos para algúns, son os callos. No meu primeiro ano en Compostela comía de cando en vez no bar-restaurante que tiña pegado á casa e onde os xoves había un cocido moi xeitoso. Ata que cheguei un xoves de finais da primavera ou comezos do verán, decidido a atacar o cocido, e o camareiro-propietario me baixou da burra.

– Agora que chega o verán deixamos de facer o cocido, pola calor. En setembro volveremos a poñelo.

– ¿Entón que temos hoxe?

– Pois haille callos.

E callos comín. O mesmo que comín un cocido maragato o 3 de agosto do ano máis caloroso de cantos levo en Compostela. Houbo que ir ata Castrillo de los Polvazares (León) para descubrir que os paxaros caían das árbores, pero os restaurante da capital da Maragatería estaban cheos de cocido-adictos.

Así que hai prato do verán para tódolos gustos.

Onte en Arroz con chícharos (Cadena SER Galicia) pregunteille a tres cociñeiros polo seu prato do verán, cousa que seguiremos a facer en tódolos programas do mes de agosto.

Xosé Cannas, do restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe, asegurou categoricamente que para el o prato do verán son as sardiñas, mellor asadas á brasa e mellor se a brasa é de sarmientos de viña e de carozos de millo.

Iago Castrillón, do restaurante Acio de Santiago de Compostela, gañador do premio á mellor tapa no primeiro concurso de tapas de Santiago de Compostela, comportouse coma bo mariñao e decantouse polo bonito, macerado e acompañado de pementos de Padrón e outras exquisiteces.

Beatriz Sotelo, do restaurante A Estación, gañadora do premio Cociñeiro do Ano 2008, dixo que para ela o verán eran uns bos pementos de Padrón fritos en aceite de oliva e acompañados de sal gorda.

E para ti, ¿cal é o hit gastronómico do verán?


11 thoughts on “¿Cal é o teu prato do verán?

  • 04 de Agosto de 2008 at 17:41 05Mon, 04 Aug 2008 17:41:17 +000017.
    Permalink

    Para mí, sin dudarlo, los pimientos de Padrón…

    Marcan el comienzo del verano, y su fin…

    Un abrazo…

    Reply
  • 04 de Agosto de 2008 at 20:39 08Mon, 04 Aug 2008 20:39:36 +000036.
    Permalink

    Para mí la ensaladilla de mi mami, que en mi casa como en la delokos, marca el principio y el final de la temporada estival. El resto del año ni se huele ensaladilla (este año se la pienso pedir algun día tonto de esos de invierno).

    Reply
  • 04 de Agosto de 2008 at 23:19 11Mon, 04 Aug 2008 23:19:41 +000041.
    Permalink

    Pues lo tengo difícil. Creo que una buena tortilla con pimientos de Padrón y unas xoubiñas de Rianxo.

    Reply
  • 05 de Agosto de 2008 at 11:29 11Tue, 05 Aug 2008 11:29:53 +000053.
    Permalink

    Sin duda tortilla de patata y filetes empanados….recuerdos de infancia en la playa de cabio….

    Reply
  • 05 de Agosto de 2008 at 20:46 08Tue, 05 Aug 2008 20:46:08 +000008.
    Permalink

    Yo como San pedro, con los filetes puestos sobre la Tortilla para que dejen su jugo y hablanden la tortilla lo justo… goce para mis sentidos

    Con un Tondonia Blanco del 81 y ya es un sindios…

    Reply
  • 05 de Agosto de 2008 at 22:52 10Tue, 05 Aug 2008 22:52:28 +000028.
    Permalink

    Na miña casa o verán e época de moito pescado pequeno (chinchos, sardiñas, algúnha rincha) porque hai tempo para ir á mercar ás pescantinas.
    E logo moito producto da horta (da horta que hai na casa): pementos, zenoura, tomates (comenzan a chegar),…
    E non canso de esta combinación.

    Reply
  • 06 de Agosto de 2008 at 11:31 11Wed, 06 Aug 2008 11:31:37 +000037.
    Permalink

    Pra mín un dos pratos máis atractivos do vran é o pastel de arroz e langostinos. O resumo é: sabroso e fresco. Se queredes saber dil non tedes máis que visitar a bitácora de O Bandullo, http://obandullo.blogspot.com/ , ten un video no que explica paso a paso como se fai.
    Saúde e amodiño.
    VentoMadeira.

    Reply
  • 06 de Agosto de 2008 at 13:32 01Wed, 06 Aug 2008 13:32:09 +000009.
    Permalink

    As sardiñas e os pementos son as estrelas, pero eu teño dúas debilidades: os amarotes bravíos e as amoras, ao natural ou en combinacións tipo Eton mess ou con xelatina de viño rosado. E aínda que non sexa puramente estacional, para min o tartar (de carne ou de peixe) tamén resume o espírito do verán.

    Reply
  • 07 de Agosto de 2008 at 12:44 12Thu, 07 Aug 2008 12:44:08 +000008.
    Permalink

    Coincido con xmanoel: as produtos da horta son a estrela do verán.
    Pero se teño que quedarme con un prato, para min é o que na miña casa sempre se chamou “caldo de fabas”, feito con patacas, touciño ou xamón (pero nunca chourizo), algo de polo pouco) para darlle sabor, e sen verdura. Só de pensar nel se me fai a boca auga… Por algunha razón que nunca souben, este caldo case sempre se acompañaba de peixe frito, pero a min como máis me gusta é con bacallau rebozado.

    Reply
  • 07 de Agosto de 2008 at 12:45 12Thu, 07 Aug 2008 12:45:29 +000029.
    Permalink

    Evidentemente… no caldo do que falaba antes son indispensais as fabas tenras, apañadas antes de que comencen a secar na pranta.

    Reply
  • Pingback:Colineta » Blog Archive » El plato del verano II

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *