A “Faba de Lourenzá” terá IXP provisional

As fabas da Mariña teñen dende sempre un especial aprecio polos afeccionados a esta legume, e moi especialmente polo asturianos, que cociñan con elas as súas mellores fabadas

O delegado de Medio Rural na provincia de Lugo, Emilio López, deixou hoxe en Mondoñedo unha nova á vez boa e mala: a boa é que a faba galaica estará por fin protexida por unha indicación xeográfica protexida (IXP) neste mesmo ano, inda que se tratará dunha protección parcial y temporal. A mala é que se consagra o nome de Faba de Lourenzá malia que a IXP comprenda 15 concellos da Mariña luguesa, polo que o nome sempre debeu ser Faba da Mariña. Pero como aquí o que máis pita capador, por capador quedou o alcalde de Lourenzá, que pitar pitou, forte e durante moito tempo, mentres os seus correlixionarios do resto da comarca andaban nos biosbardos.

A IXP vai ser provisional e so aplicable en España, á espera de que a Unión Europea a recoñeza con carácter comunitario, cousa que pode aínda tardar un bo tempo en vista da axilidade que se dan en Bruxelas para estas cuestións. Xuntos os alcaldes da Mariña e os funcionarios de Bruxelas daban un equipo de primeira.

E para rematar so avisar que cando merquen os produtos desta IXP pode que sexan de Lourenzá… ou de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro ou Xove.

O distintivo so poderá aplicarse ao produto fresco e nunca a produtos transformados.


4 thoughts on “A “Faba de Lourenzá” terá IXP provisional

  • 17 de Xullo de 2008 at 22:32 10Thu, 17 Jul 2008 22:32:06 +000006.
    Permalink

    Lorenzana es tierra de buena faba. Así todo a mi la que más me gusta es la que se da en la zona de Busto (luarca). Para mí son las mejores. En Lorenzana ya empieza a primar más la cantidad (que es lógico en cierta medida) que la calidad (que es a lo que le deben el renombre).

    Reply
  • 18 de Xullo de 2008 at 09:27 09Fri, 18 Jul 2008 09:27:22 +000022.
    Permalink

    Tony, no conozco las de Busto así que no puedo opinar, pero en A Mariña se siguen produciendo muy buenas fabas. Y no olvides que no todo es Lourenzá: hay otros 14 municipios que producen estas alubias y que estarán dentro de la IGP

    Reply
  • 18 de Xullo de 2008 at 14:33 02Fri, 18 Jul 2008 14:33:15 +000015.
    Permalink

    Pues es muy interesante que haya más municipios ya que fuera de lorenzana se produce mucha faba que luego se vende como de allí. Pensdé que la IGP solo incluiría Lorenzana, va a ser positivo no dejar las zonas colindantes fuera de la IGP. Habrá que mandarte un par de Kilitos de las de busto para que las pruebes 🙂

    Reply
  • 18 de Xullo de 2008 at 14:50 02Fri, 18 Jul 2008 14:50:18 +000018.
    Permalink

    Ahh, no me olvido de los mejillones 🙂

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *