Queixogalego.es

Unha tenda de queixos galegos de calidade en Compostela e en internet

Ando estes días entre queixos de San Simón, preparando unha reportaxe sobre esta D.O. para o próximo número da revista Origen cando atopo unha interesante tenda de queixos en Santiago de Compostela.

O negocio está comezando, leva dous meses, e nin está na mellor localización nin a presentación do mesmo é a idónea, pero en materia de queixos galegos ten moito e bo que ofrecer. A para quen non ande pola comarca de Compostela, tamén teñen un sistema de venda on-line.

Primeiro naceu queixogalego.es e despois apareceu a tenda ao público, que se atopa no posto número 21 da Plaza do Ensanche, que é esa praza de abastos fantasma que naceu hai xa décadas entre as rúas da Rosa, Fernando III O Santo e Santiago de Chile. Incrible que aínda resista algún negocio nun mar de casillas pechadas.

Pero imos ao noso. Eu cheguei ata esta tenda buscando (avisado estaba de antemán) un queixo pouco coñecido en Galicia. Nove de cada dez galegos consultados nada sabían del. O décimo NS-NC (non sabe ou non contesta). Estou a falar do “Reserva” de Prestes ou, dito doutra maneira, o queixo de San Simón curado durante tres meses (o normal ten 45 días de maduración cando son pezas grandes e 30 as pequenas). É normal que esta especialidade se coñeza pouco no país xa que está no mercado hai pouco e a meirande parte da produción vai para fóra. O principal cliente do “Reserva” de Prestes está… no Xapón.

Na tenda de queixogalego.es atopei o reserva de Prestes, que aínda non encetei e do que falarei noutro momento, así como outros queixos de tódalas denominación de orixe galegas. Entre os de Arzúa-Ulloa había queixos da nabiza, ademais dos normais. Todo primeiras marcas. Tamén queixos, requeixo e manteiga de Campo Capela, todos elaborados con leite cru. Queixos de leite de ovella de Allariz (O Rexo) e de Friol (Pacita). Queixos de leite de cabra tenros (procedentes do Saviñao) e curados da provincia de Ourense. Mel das Neves, produtos de porco celta da Costa da Morte… e paixón, moita paixón por ofrecer ao cliente os mellores produtos coa mellor atención.


5 thoughts on “Queixogalego.es

  • 09 de Xullo de 2008 at 21:02 09Wed, 09 Jul 2008 21:02:31 +000031.
    Permalink

    No la conocía. Voy a probarla y si eso la pongo en mi lista de recomendadas. Si supieras de algun sitio más en internet donde se pueda comprar bien, te agradecería me lo chivaras ya estoy haciendo una lista de sitios para comprarse los caprichitos. UN saludo.

    Reply
  • 16 de Xullo de 2008 at 23:12 11Wed, 16 Jul 2008 23:12:26 +000026.
    Permalink

    he hecho caso a tus indicaciones como buen experto que eres miguel y me fui a comprar ese queso reserva de queserias prestes que me recomendaste y la verdad nada tiene que ver con el queso que estoy acostumbrada a comprar en mercadona por ejemplo que es marca catadoiro. realmente es un capricho este Queso prestes curado, gracias por la recomendacion

    Reply
  • 17 de Xullo de 2008 at 08:19 08Thu, 17 Jul 2008 08:19:20 +000020.
    Permalink

    Tony, mira granxafamiliar.com e igual encuentras algo que te interese. Se trata de un proyecto de la Universidad de Santiago que te permite comprar directamente a un buen grupo de pequeños granjeros gallegos, algunos de los cuales solo venden lo que les sobra de la huerta que tienen para autoconsumo. También pollos, conejos, pichones, huevos caseros… auténticas maravillas

    Reply
  • 17 de Xullo de 2008 at 08:20 08Thu, 17 Jul 2008 08:20:22 +000022.
    Permalink

    Carmen, me alegro de que te guste ese queso. Yo tengo uno en casa, pero todavía sin abrir. Le va a tocar en cualquier momento y entonces contaré algo sobre el.

    Reply
  • Pingback: Colineta » Blog Archive » Queso San Simón “reserva”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *