O “pan líquido en aerosol” premiado por Canal Cocina

O pan líquido en aerosol de Marcelo Tejedor comeza a acumular premios. Se primeiro foi o aerosol de prata, agora é o premio á idea máis orixinal, concedido por Canal Cocina na quinta edición dos seus premios, que foron entregados esta mesma semana en Madrid.

Marcelo Tejedor presentou o pan líquido na pasada edición e dende entón a idea está sorprendendo a propios e estraños, pola súa sinxeleza e eficacia, xa que con poucos minutos de forno o pan está listo. O cociñeiro compostelán emprega este pan líquido para realizar empanadas de mariscos en conserva (berberechos, ameixas…) utilizando como molde a propia lata da conserva.

Nos premios Canal Cocina deste ano tamén foron galardoados Kabuki Wellintong (mellor restaurante), Rut Cotroneo do restaurante Senzone (mellor sumiller). Ymelda Moreno de Arteaga (polo seu libro “Saberes y sabores de ayer y de hoy”), o Salón Millesimé, o programa radiofónico “Comer, beber y charlar” (Gonzalo Sol, Radio Intereconomía). Os espectadores de Canal Cocina elixiron como mellor programa do canal ao espazo “22 minutos”.


4 thoughts on “O “pan líquido en aerosol” premiado por Canal Cocina

  • 04 de Xullo de 2008 at 14:35 02Fri, 04 Jul 2008 14:35:41 +000041.
    Permalink

    Miguel vila, comercializan ya el producto ? Es que pregunté por el en varios sitio y na de na !

    Reply
  • 04 de Xullo de 2008 at 15:46 03Fri, 04 Jul 2008 15:46:31 +000031.
    Permalink

    De momento no se comercializa, es una exclusiva de Casa Marcelo, pero a lo mejor el propio Marcelo, que es lector de Colineta, te puede decir algo más. Esperemos su comentario.

    Reply
  • 04 de Xullo de 2008 at 19:37 07Fri, 04 Jul 2008 19:37:13 +000013.
    Permalink

    hola Tony y Miguel,
    gracias por tu interés pero por ahora estamos con los prototipos. Hoy mismo he recibido invitación para dar una conferencia en el Aerosol Forum que se celebrará en Paris en marzo del 2009. Estos eventos son muy interesantes por la afluencia de inversores y fabricantes.

    Reply
  • 04 de Xullo de 2008 at 21:17 09Fri, 04 Jul 2008 21:17:09 +000009.
    Permalink

    Marcelo,
    Pues haber si hay suerte porque yo creo que la idea promete…

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *