Un doce chamado… colineta

Teño escrito en varias ocasión sobre a Colineta e estaba convencido de que algunha vez o fixera aquí, no blog, pero acabo de descubrir que non buscando eses artigos para enlazalos con este. Así que chegou a hora de facelo e ademais rescatarei os artigos sobre este doce publicados no xornal El Progreso para poñelos aquí.

Nas terras do Valadouro e próximas, para os da miña xeración e anteriores dicir colineta é lembrar un dos doces máis marabillosos que teñamos probado na nosa vida, a verdadeira ambrosía dos clásicos. E por derriba recuberta do misterio que producía o segredo da súa fórmula, un club do que formabamos parte un grupo moi reducido de persoas xuramentadas para que non transcenderan fóra do mesmo máis que os ingredientes que a compoñen.

Primeiro foi A Pisona, a Tía Aurora para familiares e achegados. Irmá de meu avó por liña materna, mantiña na súa casa un negocio de elaboración de doces por encarga, así que nas épocas de festa traballaba sen parar. Artesanía pura, ovos caseiros se os había (admitía que os clientes levasen os seus propios ovos, que descontaba do prezo dos doces), materias primas de primeira calidade e un forno de pedra tradicional, máis que centenario, que lle daba aos doces un toque inimitable. Con ela traballou Pepita, sobriña de Aurora e tía miña. E con ela rematou unha curta pero intensa tradición familiar, e acabáronse as colinetas no Valadouro. Pepita quería que eu continuara con negocio, pero conformeime con herdar as súas receitas.

Claro que, contra o que moitos pensan por aquelas terras, a colineta nin era receita exclusiva da Pisona nin propia, típica, do Valadouro. En Asturias hai colinetas, probablemente as houbo no País Vasco e tamén en Cataluña. Pero con variacións entre uns sitios e outros.

Por Bernarda, de A Troia, entérome de que a receita da colineta está publicada en internet e conéctome rapidamente para comprobar que se trata dunha copia da receita publicada en 1935 pola Marquesa de Parabere no seu libro “Enciclopedia culinaria. Confitería y repostería”. Pero o gran mérito de Las recetas de mamá é que adapta a receita da colineta para preparala coa thermomix. Equivócase, en cambio, na temperatura do forno, que non debe sobrepasar os 150 grados centígrados para que resulte unha verdadeira colineta, que é un biscoito lixeirísimo e delicioso. Cocida a 180 grados semella máis unha torta de Santiago que unha colineta.

Porque en realidade a composición da colineta é a mesma que a da tarta de Santiago: améndoas, ovos, azucre e reladura de limón. Nin máis nin menos.

En Las recetas de mamá recomendan a colineta para celíacos. E moi acertadamente, xa que non leva fariña de ningún tipo e, que eu saiba, nin as améndoas, nin os ovos nin o azucre conteñen glute.

¿Cal é, pois, a orixe da colineta? ¿Cómo se fai?. O post xa vai sendo algo longo e para reponder a ambas cuestións preciso, como mínimo, outro tanto de espazo, así que… continuará.


7 thoughts on “Un doce chamado… colineta

  • 01 de Xullo de 2008 at 19:50 07Tue, 01 Jul 2008 19:50:02 +000002.
    Permalink

    He aprendido mucho con tu artículo. La proxima que haga la horneararé a 150º, sin duda, y pondré una nota en mi receta aclarando este punto

    Saludos. Ana

    Reply
  • 02 de Xullo de 2008 at 23:55 11Wed, 02 Jul 2008 23:55:18 +000018.
    Permalink

    D. Miguel, pase cando poída a dar o VºBº da versión da Colineta que temos preparada.
    Graciñas

    Reply
  • 03 de Xullo de 2008 at 08:11 08Thu, 03 Jul 2008 08:11:36 +000036.
    Permalink

    Gracias Guaje, miraré la receta y el restaurante en cuanto tenga algo más de tiempo.

    Reply
  • 03 de Xullo de 2008 at 08:13 08Thu, 03 Jul 2008 08:13:50 +000050.
    Permalink

    Amigo Marcelo, sempre é un placer visitar a túa casa. E moito máis se hai “Colineta á moda de Marcelo”, que ademáis fuches o primeiro cociñeiro que se interesou pola receita. O mesmo que no caso anterior: en canto teña un momento paso polo restaurante, pero será na próxima semana, que esta ando de tapa sen tapa sin parar

    Reply
  • Pingback: Colineta » Blog Archive » El origen de la colineta

  • 25 de Setembro de 2011 at 11:20 11Sun, 25 Sep 2011 11:20:41 +000041.
    Permalink

    hola, te mando algo de la colineta, que en huesca es una tarta tipica , y esta muy buena . un boso

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *