¿Como combater o picante dos pementos?

Hai días que tiña pendente falar de como combater o picante dos pementos de Padrón cando xa están na boca e pouco hai que facer, inda que en realidade eu buscaba propostas dos lectores, xa que polo momento non probei nas miñas carnes ningún método certamente eficaz.

As poucas respostas dos lectores (dúas) danme a idea de que todos andamos nas mesmas: non sabemos que facer. Os lectores, aos que agradezo a colaboración, propoñen comer miga de pan, moita miga de pan, para aplacar o picor. Seguramente teñen razón. Imos ver.

Para medir o picor dos pementos e clasificalos en función do mesmo existe a escala Scoville, creada en 1912 por Willbur Scoville.

Segundo dita escala de picor, o primeiro posto está ocupado pola capsaicina pura, con entre 15 e 16 millóns de “unidades Scoville”. Lembremos que é a capsaicina a responsable de que piquen os pementos.
O pemento máis picante, segundo dita escala, sería o Bhut Jolokia, que pode chegar a un millón de unidades Scoville. Debe ser o demo, xa que, segundo esta escala, pica unhas 125 veces máis que o tabasco, por poñer un picante que todos coñecemos.

Parece ser que a capsaicina non é soluble en auga, o que explica que cando nos picamos por moita auga que bebemos non conseguimos nada. Pero leo cómo é o método de Scoville e contan que consiste en poñer extracto do pemento que se quere analizar en auga con azucre. En función da cantidade de azucre, chega un momento en que os catadores non teñen sensación de picor. O grado de disolución do extracto permite medir a concentración de capsaicina.

Lembremos que se trata dunha proba ideada en 1912 e que a tecnoloxía actual seguramente ten probas máis fiables e precisas, pero o método de Scoville lévame a pensar que o método máis eficaz para combater o ardor cando nos picamos cun pemento é tomar azucre. A miga de pan que propoñen os lectores contén azucres.



11 thoughts on “¿Como combater o picante dos pementos?

  • 16 de Xuño de 2008 at 23:05 11Mon, 16 Jun 2008 23:05:26 +000026.
    Permalink

    Solo la grasa neutraliza el picante.Si tienes un alimento graso
    a mano.. a la boca

    Reply
  • 17 de Xuño de 2008 at 12:26 12Tue, 17 Jun 2008 12:26:15 +000015.
    Permalink

    Os mexicanos anulan o abrasante picor do chile habanero con limón (lima en realidade e sal). Si, igual que o tequila…

    Reply
  • 18 de Xuño de 2008 at 14:41 02Wed, 18 Jun 2008 14:41:38 +000038.
    Permalink

    En realidad lo de la bolsa de la foto que no pica ninguno, es cierto??

    Reply
  • 19 de Xuño de 2008 at 07:25 07Thu, 19 Jun 2008 07:25:17 +000017.
    Permalink

    Tony, efectivamente es cierto. Como ya expliqué en otro post, los productores de pimientos saben cuando pican los pimientos y cuales son, y cuando quieren los separan. En la plaza de abastos, tanto de Padrón como de Santiago, si quieres alguno picante tienes que decirselo a la vendedora, porque los tienen separados.

    Reply
  • 23 de Xuño de 2008 at 11:33 11Mon, 23 Jun 2008 11:33:03 +000003.
    Permalink

    Yo voto por la grasa…
    Para marear un poco a Makeijan, algún mejicano me ha recomendado tomar leche (que tiene grasa, azucares y alguna cosa más).

    Reply
  • 28 de Xullo de 2008 at 12:04 12Mon, 28 Jul 2008 12:04:35 +000035.
    Permalink

    Creo que o leite é un bo antídoto, se lembrades aquela película símbolo do erotismo dos 80, 9 semanas y media, nun espectáculo erótico-culinario, Mickey Rourke dáballe uns pementos verdes que ben podían ser de Herbón e que a Kim Bassinger morría co picante e despois bebía (moi sensualmente) un litro de leite…Hai pouco comín unha reción en Casa Diós (non ten perda) e ningún picaba…que decepción!

    Reply
  • 30 de Xullo de 2008 at 18:14 06Wed, 30 Jul 2008 18:14:32 +000032.
    Permalink

    Roi, non te fíes de todo o que aparece nas películas, que ás veces os gladiadores levan reloxo. E cando te piques máis da conta cun pemento de Padrón proba a aplacar os ardores cun pouco de azucre, que funciona moi ben.

    Reply
  • 04 de Agosto de 2008 at 22:59 10Mon, 04 Aug 2008 22:59:04 +000004.
    Permalink

    Hola!
    Yo soy mexicana y una gran consumidora de picante, y les aviso que la mejor y mas rapida forma de quitarse el picor es con sal. Se toma un poco y se deshace con la lengua en la boca. Arde al principio pero se elimina rapidamente.
    Saludos

    Reply
  • 17 de Novembro de 2009 at 22:16 10Tue, 17 Nov 2009 22:16:18 +000018.
    Permalink

    el alcohol es bueno.. es sabido que los capsaicinoides causantes del ardor son muy solubles en alcohol, por lo tanto al beber la capsaicina es arrastrada hacia el interior de nuestro organismo.

    Reply
  • 22 de Decembro de 2010 at 01:02 01Wed, 22 Dec 2010 01:02:25 +000025.
    Permalink

    Soy de argentina y tengo un problema!

    Tenía las manos llenas del jugo de un pimiento extra picante y me toqué por axidente los ojos…

    después de 10 minutos de un horrible dolor probé poniendo hielo en una toalla y la mojé con agua… luego me puse la parte mojada con los huelos adentro, sobre los ojos…

    y de esa manera el ardor en los ojos desapareció…

    esa fue mi peor experiencia con el picante…

    fué hace 20 minutos aproximadamente…

    Reply
  • 09 de Agosto de 2019 at 13:09 01Fri, 09 Aug 2019 13:09:31 +000031.
    Permalink

    Ayer tuvimos esta experiencia con los pimientos más picantes que jamás nos habíamos metido en la boca. Chupar hielo continuamente y pasárselo por los labios alivió.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *