Ron “Pope”

O mundo da cociña e os viños está cheo de nomes de santos e xerarquías eclesiásticas dende tempos pasados. Agora mesmo véñenme á cabeza o San Jacobo, a quina Santa Catalina, os suspiros de monxa, o viño San Trocado ou a compostelá Taberna do Bispo.

Agora, gracias a La Voz de Galicia, os Popes da igrexa ortodoxa teñen tamén o seu licor: “ron Pope”.
Non o busquen na súa licorería porque non se trata dunha nova marca de ron senón dun erro, a deconstrucción da palabra rompope coa que en México se denomina a unha crema semellante ás natillas á que se engade viño ou algún licor, é dicir, unha especie de sabayón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *