Pimientos de Padrón en tempura

Onte pola noite andaba un cabaciño pola neveira pedindo a berros que alguén lle metera o dente e decidín fritilo en tempura, que é unha maneira que na miña casa lle gusta a todos e sempre é bo darlles aos rapaces as verduras de forma que se faigan amigos delas no canto de anoxalas, que se consegue habitualmente obrigándoos a comelas. Rematada a reflexión (os consellos non os regalo, que os cobro) de pai metido na cociña imos co noso.

Pois resulta que ao rente do cabaciño había tamén uns pementos de Padrón, auténticos pementos de Padrón pagados a seis euros o cento cando os falsos non chegan á metade de prezo. E decidín tamén fritir uns pementos.

Así que coa masa da tempura nunha man e os pementos noutra pensei: ¿e porque non mesturalos a ver que pasa?.

Os primeiros pementos acabaron de inmediato no baño de tempura para despois pasar pola sauna do aceite ben quente. O resultado non me gustou moito porque a tempura esbaraba pola pel do pemento e quedaban mal rebozados, como se pode ver nalgúns dos da foto.

O seguinte paso foi enfariñalos antes de metelos na tempura. Entón si deron o resultado que eu buscaba. Que por outra parte teño que dicir que é un resultado moi interesante.

Naturalmente, caín na conta de que unha vez fritos os pementos non ía poder salgalos, así que na masa da tempura puxen un chorro de salsa de soia e algo máis de sal. ¡Previsor que é un!

A receita máis detallada pódese ver á volta da páxina.

5 thoughts on “Pimientos de Padrón en tempura

  • 06 de Xuño de 2008 at 13:06 01Fri, 06 Jun 2008 13:06:15 +000015.
    Permalink

    Sin ánimo de ofender y en tono jocos, como dice un amigo, “todo lo que va a la sarten, aunque sea mierda sabe bien” :-)….
    De verdad que no es con ánimo de ofensa, es algo que decimos mucho en mi casa cuando se preparan frituras y todo el mundo dice que están buenas…
    Lo dicho no me malinterpretes que esto de internet se presta…

    Reply
  • 07 de Xuño de 2008 at 17:53 05Sat, 07 Jun 2008 17:53:36 +000036.
    Permalink

    Pois está orixinal esta mestura de tempura con pementos de Padrón. ¿Atreveste cunha tempura de grelos?? Ao mellor asi moitos nenos ani
    mabanse a comelos!!

    Reply
  • 07 de Xuño de 2008 at 17:54 05Sat, 07 Jun 2008 17:54:35 +000035.
    Permalink

    Pois está orixinal esta mestura de tempura con pementos de Padrón. ¿Atreveste cunha tempura de grelos?? Ao mellor asi moitos nenos
    animabanse a comelos!!

    Reply
  • 07 de Xuño de 2008 at 20:56 08Sat, 07 Jun 2008 20:56:29 +000029.
    Permalink

    Pois todo sería cuestión de probar, pero creo que os grelos habería que cocelos previamente.

    Reply
  • Pingback:Pimientos de Padrón – Sin Objetivo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *