Licor de toxo

Hai xa algún tempo que Meigas Fóra comercializa un licor de toxo, moi ben presentado cunha ramiña do arbusto no interior da botella, que semella un licor de herbas algo mentolado e que a min, que queren que lles diga, me gusta bastante. Detrás da destilería está Domingo Cortizas, un galego emprendedor onde os haxa, que pasou de fabricar prendas de coiro en Ares a fabricar empanadas en Madrid para acabar, polo momento, á fronte desta destilería coruñesa.

Pero non é o único. Recentemente atopei na praza de abastos de Compostela as botellas que se ven na fotografía, da marca Codesal. Non poido falar do que hai dentro da botella, pero o certo é que a imaxe gráfica non é moi atractiva e ademais pode dar lugar a confusión coa inclusión desa flor de codeso no canto da máis axeitada de toxo.

Chamoume a atención que unhas botellas están rotuladas en galego e outras en castelán, inda que inicialmente pensei que se trataba de castrapo. Pero consulto o dicionario da Real Academia Española e sácame da miña burramia: tojo é un termo correcto en castelán. Claro que fóra de Galicia poucos saben que é o tojo, así que mellor sería poñer o seu retrato na foto.

O do licor de toxo non é cousa de agora. Foi aló pola década dos setenta do século pasado cando se inventou o licor de flor de toxo por parte Destilerías del Noroeste, de Xubia (A Cruña) (sic).

Daquela eu era moi novo e non bebía licores, pero lembro o impacto da aparición no mercado daquel licor absolutamente enxebre, fabricado en Galicia, etiquetado en galego (se hoxe é unha novidade imaxinen hai preto de 40 anos e con Franco aínda vivo) e reproducindo na súa caixa a bandeira e o himno galego. Aínda non me explico como os grises non disolveron nunca aos parroquianos presentes en calquera taberna galega.

Durante un tempo as botellas de licor de toxo víronse en tódolos bares e tabernas de Galicia. Non sei se o vendían ou non, pero co paso do tempo a presenza do mesmo foise reducindo ata desaparecer.

A botella da foto atopeina hai uns anos en Lagoa (Alfoz), nunha taberna que acababa de pechar as súas portas por xubilación do propietario. Alí conseguín tamén botellas de xenebra Focking e unha verdadeira xoia: unha botella orixinal de Triple Seco, co seu absurdo formato, que xa sacarei aquí outro día.

Como na foto adxunta non é posible ler o texto, reproduzo de seguido o que dí a súa etiqueta, sen quitar nin poñer coma:

“LICOR DA FROR DO TOXO

O TOXO, SEMPRE ALPURNADO, ALDRAXADO E ATACHADO, ESTA EIQUI POR ALGUNHA RAZON. NINGUEN TENCIONOU OS MOTIVOS DA SUA PRESENZA NA NOSA BIEITA TERRA. MAIS TIVO DE CHEGAR O MOMENTO DE FAGUERLLE COMPRIDO HOMAXE O QUE CONTEN ESTA BOTELLA, CEIBOUNO O TOXO: ENTON ¿VAL OU NON?.

TEN DE SER UNHA LABOURA DE DESCOBERTA FEITA PO-LOS TEINICOS DE

DESTILERIAS DEL NOROESTE

DE

XUBIA (A CRUÑA)”

7 thoughts on “Licor de toxo

  • 06 de Xuño de 2008 at 21:30 09Fri, 06 Jun 2008 21:30:10 +000010.
    Permalink

    Fué lo que chocó a mí, todo en gallego. Del antiguo licor de toxo de xubia aun conservo dos botellitas (la caja sí que no la tengo). Probaré este de codesal sí es uqe logro hacerme con el. Alguna marca más hay pero no la tengo ahora mismo a mano. Gran post.

    Reply
  • 13 de Agosto de 2008 at 23:52 11Wed, 13 Aug 2008 23:52:49 +000049.
    Permalink

    La flor del tojo (o toxo en gallego) ¿ cómo se llama ?. “Alecrin”, según algunas referencias.
    Una canción denominada “ALECRIN” y cantada en gallego por Graciela Pereira, lo menciona. Pero en su letra también agrega: “Quen che dixo a ti que a flor do toxo chamábase así”. Muchas gracias.

    Reply
  • 18 de Outubro de 2008 at 22:18 10Sat, 18 Oct 2008 22:18:38 +000038.
    Permalink

    La imagen de la etiqueta de los licores Codesal (pongo Codesal con mayuscula porque es un apellido)es el anagrama de la empresa, que no se compone solo de licores, se realizo en principio para la etiqueta de la miel, por eso hay una abeja y una flor. Esta gente se dedica a las ferias y a la venta al pormayor. Cuando las ferias son fuera de Galicia le ponen la etiqueta en castellano al licor de “toxo” porque la mayoria de la gente de fuera de Galicia no conoze el “toxo” y menos el nombre. Pero segun tengo entendido, en breve, las etiquetas de las botellas de licores Codesal seran sustituidas por otras mas acordes al licor que lleve dentro, evitando asi confusiones con la fror del “codeso”.

    Reply
  • 20 de Outubro de 2008 at 00:36 12Mon, 20 Oct 2008 00:36:00 +000000.
    Permalink

    Marcos, creo que es una medida acertada mejorar la etiqueta de los licores para que nadie se llame a engaño.

    Reply
  • 17 de Xuño de 2009 at 10:46 10Wed, 17 Jun 2009 10:46:24 +000024.
    Permalink

    Os licores que facían en Destilerías do Noroeste eran por destilación, unha gran diferenza con respecto aos que agora elabora Meigas Fora, que o fan por maceración. Eu probei o antigo varias veces na casa dun amiguete, sempre polo patrón, e para o meu gusto mellor o de maceración.
    Non sei como farán os de Codesal, pero haberá que probalo para falar con coñecemento de causa.
    por certo, para aqueles que queran mercar os de Meigas Fora poden facelo a través da nosa web.

    Reply
  • 08 de Febreiro de 2016 at 19:00 07Mon, 08 Feb 2016 19:00:30 +000030.
    Permalink

    Hola: Lamento no hablar gallego, lo entiendo pero no completamente, ya que mi padre lo halbaba sólo en Galicia. De uno de sus visitas a su tierra, trajo una botella de un vino destilado de uva-pasa, o yo entendí “uva-pasa”, todavía queda media botella,porque lo servía en ocasiones especiales e invitando a quienes pudieran apreciarlo o fueran buenos catadores. Todavía está muy bueno! Soy de Buenos Aires, Argentina y quiero mucho a Galicia. Saludos cordiales, Sara
    “Feito da Fror do Toxo” -ten de ser unha laboura de descoberta pol-os teínicos de Destilerias del Noroeste, S.A. de Xubia (A Cruña)

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *