Albariño catalán

A nova pasou por Galicia sen que reparásemos nela, pero hai xa case unha semana que o grupo catalán Codorníu presentou o seu “Raimat albariño”, un viño elaborado nas adegas que o grupo ten na denominación de orixe Costers del Segre (Lleida) coas uvas da variedade albariño procedentes de viñedos plantados alí hai oito anos. É o primeiro viño español elaborado con albariño fóra de Galicia.

A presentación realizouse en Londres, onde Codorníu tamén anunciou que vai elaborar un viño na D.O. Rías Baixas (Leiras), para o cal alugou parte das instalacións dunha adega pontevedresa. Xa se verá canto viño dunha e doutra D.O., elaborado con albariño, comercializan. Mentres non se demostre o contrario, a min a presenza de Codorníu en Rías Baixas chéirame a operación de marketing para apoiar o “albariño” catalán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *