Santiago(é)tapas

o 28 de xuño ao 13 de xullo SANTIAGO(é)TAPAS dará a oportunidade a tódolos bares e cafeterías da cidade de presentar as súas mellores tapas aos composteláns e visitantes, nun concurso organizado por Turismo de Santiago, organismo municipal que está a converter Compostela na capital da gastronomía galega, como o proban os sucesivos eventos organizados: tour gastronómico, Santiago Repetirás, Forum Gastronómico, agora o concurso de tapas… e o que virá.

O concurso foi presentado publicamente hoxe polo concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, quen explicou que a cousa vai máis alá dun concurso ao estilo habitual, cun curso previo dirixido aos hostaleiros interesados, rutas de tapas, premios para hostaleiros e público e un orixinal elemento: o “tapasporte”, que os clientes poderán selar (¿habería que dicir “visar?) en cada establecemento que visiten e que lles dará dereito a premio a tódolos que completen unha ou máis etapas. Os clientes poderán ademais votar as súas tapas favoritas e participar desta maneira no sorteo de dous billetes de Air Berlín a calquera destino europeo operado por esta compañía.

Os hostaleiros premiados tamén terán premios en metálico (1.000 euros en cada categoría), diplomas, regalo, dúas páxinas de publicidade en prensa escrita para a mellor tapa e a posibilidade de gañar unha viaxe para dúas persoas ao Forum Gastronomic de Xirona do próximo ano.

O curso de tapas para hostaleiros será impartido por expertos vascos e cataláns de primeirísima liña: Edorta Lamo e Íñigo Cojo de A Fuego Negro (San Sebastián) e Paco Guzmán do Restaurante Santamaría (Barcelona).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *